Publicado o 12 Febreiro, 2021 nas categorías Dicionarios, Entrevistas, Televisión
O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego coa lingüista María Rosario Soto Arias sobre o libro: Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego, do que é autora xunto con Carmen López Taboadae que está publicado por Xerais na colección Dicionarios.
A entrevista pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 23 Novembro, 2020 nas categorías Dicionarios, Novidades
Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego, de Carmen López e María Rosario Soto, é unha novidade da colección Dicionarios de Xerais.
O Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego, da autoría de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias, recolle máis de vinte mil frases feitas, o que supón un dos maiores repertorios lexicográficos deste tipo publicado en lingua galega.
Ler máis →
Publicado o 7 Outubro, 2008 nas categorías Dicionarios, Noticias, Presentacións
O vindeiro xoves, día 9 de outubro, ás 20:30 horas realizarase na Librería Libraida de Gondomar (Rosalía de Castro 13) o acto de presentación do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. No acto acompañará ás autoras Manuel Rico Verea, xefe do Gabinete de Normalización da Secretaría Xeral de Política Lingüística na Coruña.
Ler máis →
Publicado o 21 Setembro, 2008 nas categorías Críticas, Dicionarios, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol unha a crítica sobre o Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias.
Ler máis →