Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_solar

Xosé Durán: «O libro quere achegar á mocidade a importancia da lingua galega, que é unha lingua viva e culta». Entrevista no «Zig Zag Fin de Semana» sobre: «A raíña galega»

O programa ZigZag Fin de Semana, da TVG, emitiu unha entrevista de María Solar co escritor e xornalista Xosé Durán sobre o libro: A raíña galega, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 13.57″.

Eva Mejuto: «Este libro conta a historia dunha crianza pero narrada pola propia nena». Entrevista no «Zig Zag Fin de Semana» sobre: «A lavandeira de San Simón»

O programa ZigZag Fin de Semana, da TVG, emitiu unha entrevista de María Solar con Eva Mejuto e Bea Gregores sobre o libro: A lavandeira de San Simón, publicado por Xerais na colección Pequena Memoria. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Xavier Seoane: «Este libro é como unha pequena enciclopedia que debuxa de modo transversal unha determinada visión de Galicia en temas moi variados». Entrevista no «Zig Zag Fin de Semana» sobre: «Dicionario irreal para un país imposible»

O programa ZigZag Fin de Semana, da TVG, emitiu unha entrevista de María Solar co escritor Xavier Seoane sobre o libro: Dicionario irreal para un país imposible, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Álex Alonso: «A novela está construida a partir das páxinas do Faro de Vigo». Entrevista no «Zig Zag Fin de Semana» sobre: «Granito»

O programa ZigZag Fin de Semana, da TVG, emitiu unha entrevista de María Solar co escritor Álex Alonso sobre o libro: Granito, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Xurxo Mariño: «A misión principal da linguaxe non é a comunicación, é a construción da nosa capacidade mental». Entrevista no «Zig Zag Fin de Semana» sobre: «Unha mente que voa»

O programa ZigZag Fin de Semana, da TVG, emitiu unha entrevista de María Solar co biólogo e divulgador Xurxo Mariño sobre o libro: Unha mente que voa, publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Unha novela negra co poder e a ética como pano de fondo: «Non fales o que non debes», de Luís Manuel García Mañá. Entrevista na «Televisión de Galicia»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Luís Manuel García Mañá sobre o libro: Non fales o que non debes, publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Elba Pedrosa: «Para unha escritora é moi importante recibir as opinións e as críticas do traballo que levas a facer tanto tempo». Entrevista na Televisión de Galicia sobre: «O que non sabías»

A Televisión de Galicia emitiu unha entrevista de María Solar coa escritora Elba Pedrosa, autora do libro: O que non sabías, publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 02.00″.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Santiago 2020

Do 13 ao 21 de xuño terá lugar, na Alameda de Compostela, a Feira do Libro de Santiago 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte: SÁBADO 13 de XUÑO 10.20 horas: Pregón de inauguración a cargo de María Solar. 13.00 horas: María Solar asinará Quokka Moka e o resto da súa obra. 18.00 horas: Elba Pedrosa asinará O que non sabías 19.00 horas: Xosé A. Neira Cruz asinará Veleno de tinta impresa e o resto da súa obra.

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Lecturas da corentena por David González: «As horas roubadas», «Cabalos e lobos» e «A crueldade de abril». Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Na cuarta entrega da serie, o artigo fai mención a tres libros publicados por Xerais: As horas roubadas, de María Solar; Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo e A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras.

Unha valiosa ferramenta para educar con respeto e igualdade: «Quokka Moka», de María Solar e Víctor Rivas. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Laura Caamaño sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.