Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_victoria_moreno_sementadora_de_futuro

«María Victoria Moreno foi pioneira na creación da literatura infantil e xuvenil en galego.» Información sobre a mesa redonda no Club Faro de Vigo arredor da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas

O xornal Faro de Vigo publicou unha información sobre a mesa redonda arredor da figura de María Victoria Moreno, e na que participaron Manuel Bragado e os autores de María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, Xavier Senín e Isabel Soto. A información pode lerse en formato pdf nesta ligazón e nestoutra.

«O merecido recoñecemento a unha autora pioneira e referencial na literatura infantil e xuvenil en galego.» Anotación de Manuel Bragado en «Brétemas» sobre a homenaxe en Vigo a María Victoria Moreno

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a homenaxe a María Victoria Moreno desenvolvida no Club Faro de Vigo, e na que participaron tamén os autores Xavier Senín e Isabel Soto.

«María Victoria Moreno. Sementadora de futuro», de Isabel Soto e Xavier Senín, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á biografía María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Xavier Senín e Isabel Soto. O programa pode verse nesta ligazón.

Un itinerario vital para entendermos as claves da súa obra literaria: crítica de Estro Montaña sobre «María Victoria Moreno. Sementadora de futuro»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Estro Montaña sobre o libro María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«María Victoria Moreno estaría encantada coa actual eclosión da LIX galega.» Entrevista na web da RAG a Xavier Senín, coautor de «María Victoria Moreno, sementadora de futuro»

O portal da Real Academia Galega publica unha entrevista a Xavier Senín con motivo da publicación de María Victoria Moreno, sementadora de futuro, do que Senín é coautor xunto a Isabel Soto.

Isabel Soto: «María Victoria Moreno tomou partido polo galego e foi unha verdadeira activista da lingua»

O programa Diario Cultural da Radio Galega, emitiu unha entrevista a Isabel Soto e Xavier Senín, autores do libro María Victoria Moreno: Sementadora de futuro. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Santiago

Do 28 de abril ao 6 de maio na Alameda Compostelana, terá lugar a Feira do Libro de Santiago na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Día 29 de abril, domingo 20:30 h.: Presentación de María Victoria Moreno. Sementadora de futuro de Isabel Soto e Xavier Senín. Participan os autores e Marta Neira. Día 2 de maio,  mércores 19:00 h.:  Presentación de Choiva de ras de Ánxela Loureiro. Día 3 de maio,  xoves 19:00 h.

Unha biografía luminosa: «María Victoria Moreno. Sementadora de futuro», de Isabel Soto e Xavier Senín. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a biografía María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín.     María Victoria Moreno.

Novidade: «María Victoria Moreno. Sementadora de futuro», de Isabel Soto e Xavier Senín. O libro de referencia sobre a autora das Letras Galegas 2018

 A biografía María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, de Isabel Soto e Xavier Senín, é unha novidade da colección Crónica de Xerais. O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil.