Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: maría_xesús_nogueira

«Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias» e «Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos», entre as recomendacións literarias de Eva Mejuto para este ano 2021. Entrevista no «Zig Zag Diario»

A escritora e xornalista Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre unha selección de recomendacións literarias deste ano 2021, con mención a dous libros publicados por Xerais: Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias e Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos. A súa intervención pode verse nesta ligazón.

María Xesús Nogueira: «Agardo que coas Letras Galegas Xela Arias sexa lida e coñecida, especialmente por parte do lectorado máis novo». Entrevista na web da «Real Academia Galega» sobre: «Poesía reunida (1982-2004)»

A páxina web da Real Academia Galega publicou unha entrevista con María Xesús Nogueira sobre o libro: Poesía reunida (1982-2004). Xela Arias, publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. María Xesús Nogueira: «Xela Arias rompeu co discurso dominante.

Xela Arias, Letras Galegas 2021

A Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2021 a poeta, tradutora e editora Xela Arias. A institución quere así render tributo a “unha voz singular, sincera e comprometida”. En 2018 Xerais publicou, en edición de María Xesús Nogueira, o libro Poesía reunida (1982-2004). Este volume dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento.

Os Premios Xerais 2020 coñeceranse o venres 18 de decembro.

A situación provocada pola pandemia de COVID-19 levou a retrasar o fallo dos Premios Xerais 2020 ao mes de decembro. Os libros gañadores dos tres premios chegarán ás librarías no mes de abril de 2021. Os xurados declararán as obras finalistas, de entre as 121 obras presentadas, na súa primeira reunión que se celebrará o venres 11 de decembro. Os premios coñeceranse o venres 18 de decembro.

Un volume valioso que se abre a novas lecturas: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de María Xesús Nogueira sobre o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. O libro está publicado por Xerais na colección Edicións Singulares. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Chus Nogueira: «Xela Arias renovou a poesía galega cara unhas direccións que non se estaba innovando naquel momento». Entrevista no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista coa crítica literaria Chus Nogueira sobre o libro: Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Unha textualidade alternativa: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de María Xesús Nogueira

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de María Xesús Nogueira sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación de “Conciencia política e literatura galega en Madrid” de Ana Acuña en Marín

O venres, 3 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres de Marín, terá lugar a presentación do libro Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) de Ana Acuña.

Celso Emilio Ferreiro ante a Guerra Civil: reportaxe de Mar Mato sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás

Faro de Vigo publicou unha información de Mar Mato sobre a presentación en Compostela da biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás.   A guerra de Celso Emilio Ferreiro O profesor Ramón Nicolás revela novos detalles do poeta nunha biografía MAR MATO – VIGO O levantamento militar do 1936 supuxo para Celso Emilio Ferreiro o paso á escuridade.

Un libro excepcional: «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro» de Ramón Nicolás

Tanto Brétemas, o blog de Manuel Bragado, director de Xerais, como Caderno da Crítica, o blog de Ramón Nicolás dan conta da presentación onte en Compostela da biografía do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás.

Presentación en Santiago de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” de Ramón Nicolás

O mércores, 20 de febreiro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto participarán Mª Xesús Nogueira, Luís Ferreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

Artigo de María Xesús Nogueira sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz

Artigo de María Xesús Nogueira sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz

María Xesús Nogueira publicou un artigo de opinión en El Progreso no que aborda o tema do regreso na novela Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. O artigo, titulado «Volver», pode descargarse aquí.