Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: mario_regueira

Presentación do libro “Narrativa e imaxinario nacional…” de Mario Regueira

O día 28 de abril, quarta-feira, 18h00 (ás 19:00 horas galegas), via Zoom: Apresentação do livro Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966), de Mario Regueira. No acto, organizado pola UNICEPE, cooperativa livreira do Porto, participará Arturo Casas, que orientou a tese de doutoramento de Mario Regueira e o autor.     Entrar na reunião Zoom https://us02web.zoom.

«Nus», de Manuel Gago e «A afogada», de Rocío Leira, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de abril

Nus, de Manuel Gago, e A afogada, de Rocío Leira, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril de 2021.

«Os paxaros e outros poemas» e «A realidade», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de marzo

Os paxaros e outros poemas, de Daniel Salgado, e A realidade, de Manuel Darriba, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de marzo de 2021.

«As illas dos deuses», de Serafín Parcero, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de febreiro

As illas dos deuses, de Serafín Parcero, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de febreiro de 2021. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Cousas que non son o que parecen: «Patio de luces», de Érica Esmorís e Juan Berrio. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou un artigo asinado por Mario Regueira sobre o libro: Patio de luces, de Érica Esmorís, con ilustracións de Juan Berrio, publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros. O libro gañou o Premio de Literatura Infantil Cidade de Málaga, 2020. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A lingua e a humanidade: «Unha mente que voa», de Xurxo Mariño. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou un artigo asinado por Mario Regueira sobre o libro: Unha mente que voa, de Xurxo Mariño, publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Un señor elegante», de Suso de Toro, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de decembro

Un señor elegante, de Suso de Toro, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de decembro de 2020. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Os Premios Xerais 2020 coñeceranse o venres 18 de decembro.

A situación provocada pola pandemia de COVID-19 levou a retrasar o fallo dos Premios Xerais 2020 ao mes de decembro. Os libros gañadores dos tres premios chegarán ás librarías no mes de abril de 2021. Os xurados declararán as obras finalistas, de entre as 121 obras presentadas, na súa primeira reunión que se celebrará o venres 11 de decembro. Os premios coñeceranse o venres 18 de decembro.

As relacións da literatura galega co mundo da música da man dos libros: «Todas as vidas», de Xosé Ramón Pena, e «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», de Iria Misa. Reportaxe no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha reportaxe de Mario Regueira sobre as relacións da literatura galega co mundo da música, con mención a dous libros publicados por Xerais: Todas as vidas, de Xosé Ramón Pena, e Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa.

«Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de novembro

Ninguén morreu de ler poesía, de Aldaolado (dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado), é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro de 2020. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía.

«Todas as vidas», de Xosé Ramón Pena, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de setembro

Todas as vidas, de Xosé Ramón Pena, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de setembro de 2020. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha peza ideal para ler no verán, coa memoria dos choutos e do recendo da auga de San Xoán ainda presente: «Meigas fóra», de Ramón D. Veiga. Anotación no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha anotación asinada por Mario Regueira sobre o libro: Meigas fóra, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de Iván Rodríguez Castro, publicado por Xerais na colección: Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.