Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Mary_Wollstonecraft_Shelley_e_a_súa_criatura_artificial

Xerais ofrece máis de 110 títulos en formato ebook, desde literatura infantil e xuvenil a novidades de narrativa ou clásicos

A decidida aposta de Xerais por abrir o seu catálogo de xeito sistemático aos dous formatos actuais do libro, o formato papel e o formato ebook, está xa plenamente consolidada, con máis de 110 títulos a disposición dos lectores e lectoras, asumindo así o reto que os novos xeitos de lectura demandan.

María Xosé Queizán: «A primeira obra de ciencia ficción foi Frankenstein»

María Xosé Queizán: «A primeira obra de ciencia ficción foi Frankenstein»

A edición  compostelana de La Voz de Galicia publicou unha noticia asinada por M. B. sobre a presentación do libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial de María Xosé Queizán.

Presentación en Santiago de “Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial” de María Xosé Queizán

O xoves, 27 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial de María Xosé Queizán. No acto intervirán Pemón Bouzas, Manuel Bragado e María Xosé Queizán. A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas.

Artigo de Iolanda Martínez Suárez en torno María Xosé Queizán: «A voz e os seus ecos»

Artigo de Iolanda Martínez Suárez en torno María Xosé Queizán: «A voz e os seus ecos»

Iolanda Martínez Suárez publica no último número de Protexta unha longa  recensión crítica sobre o libro de homenaxe a María Xosé Queizán, Cara a unha poética feminista, así como sobre o último ensaio da mesma autora, Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial.

«A modesta proposición e outros ensaios», de Lois Pereiro, dispoñible en formato e-book

Xa é posible ler a Lois Pereiro en formato e-book. Modesta propisición e outros ensaios está a disposición dos lectores e lectoras desde o espazo de Xerais en Todoebook. Deste xeito, unha das obras máis emblemáticas de Pereiro pasa a estar dispoñible en formato e-PUB ao prezo de 8 euros.

Crítica de Ramón Nicolás sobre Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión de Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial.

Presentación de «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial», de María Xosé Queizán, o próximo vernes 6 en Vigo

O próximo venres 6 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar na Casa do Libro de Vigo (rúa Velázquez Moreno, 27), a presentación do libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, da escritora María Xosé Queizán. O acto O acto contará coa participación de Iolanda Veloso, Mónica Bar, o editor Fran Alonso e a propia autora, María Xosé Queizán.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial», de María Xosé Queizán

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión sobre Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán. Reproducimos os principais parágrafos: Bo estudo sobre un mito universal A figura do doutor Frankenstein e a súa criatura convertéronse por mor do cine nun dos mitos da cultura contemporánea.

Crítica de Marga Romero sobre «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial», de María Xosé Queizán

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha crítica de Marga Romero sobre Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán.

«Aínda hoxe un home cun comportamento nefasto cara á súa familia pode ser moi ben considerado a nivel público» di M. X. Queizán arredor do seu libro «Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial»

A xornalista M. Dopico dedicoulle esta fin de semana no xornal Galicia Hoxe unha crónica ao libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán, así como a súa autora.

«Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial», de María Xosé Queizán, novidade do mes de febreiro

O libro Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, de María Xosé Queizán, publicado na colección Ensaio, é unha das novidades de Xerais para este mes de febreiro. A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas. A súa completa educación, pouco habitual nas mulleres da época, permitiulle crear a figura literaria de Frankenstein.