Publicado o 29 Xaneiro, 2018 nas categorías Centros de ensino, Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Infantil, Merlín, Narrativa, Poesía, Xuvenil
O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.
Ler máis →
Publicado o 18 Xullo, 2017 nas categorías Entrevistas, Poesía
O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Carlos Negro sobre o seu libro de poemas Masculino singular.
Carlos Negro: «As revolucións poden comezar polos detalles máis pequenos»
Carlos Negro continúa o camiño andado en Penúltimas tendencias no seu novo libro, Masculino singular.
Ler máis →
Publicado o 29 Maio, 2017 nas categorías Centros de ensino, Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Narrativa, Poesía, Radio, Xuvenil
No derradeiro programa de radio do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco neste curso, tres alumnas entrevistaron a Carlos Negro e María Solar despois de ler Penúltimas tendencias, Masculino singular e As horas roubadas, a iniciativa da profesora Mercedes Queixas:
Nesta ligazón pode verse a visita de Carlos Negro ao centro, que participou no club lector. E noutrouta ligazón, vemos o peche da tempada radiofónica no centro.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2016 nas categorías Blogs, Críticas, Poesía
O escritor Miro Villar reproduciu no seu blog unha recensión crítica que publicou na revista Grial sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.
Ler máis →
Publicado o 24 Agosto, 2016 nas categorías Críticas, Poesía
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.
DIVERXENTE. O HOME NOVO A EXAME
Interesa o punto de diverxencia. O punto exacto en que se deixa de ser unha cousa para ser outra.
Ler máis →
Publicado o 6 Xullo, 2016 nas categorías Críticas, Poesía
A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de María Xesús Nogueira sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 9 Xuño, 2016 nas categorías Críticas, Poesía
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 7 Xuño, 2016 nas categorías Críticas, Narrativa, Poesía
A dúbida, de María Reimóndez, O anxo negro, de Manuel Gago, e Masculino singular, de Carlos Negro sitúanse no primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de xuño na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.
Ler máis →
Publicado o 31 Maio, 2016 nas categorías Blogs, Poesía, Presentacións
O blog Trafegando ronseis publicou unha crónica da presentación do libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro, en Lalín.
Presentación de «Masculino Singular»
Sempre é un pracer estar cos amigos, coa xente que se quere. E se un destes amigos presenta un seu libro, a satisfacción e o orgullo é dobre.
Ler máis →
Publicado o 25 Maio, 2016 nas categorías Entrevistas, Poesía
O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Martín Losón a Carlos Negro sobre o seu libro de poemas Masculino singular.
A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 24 Maio, 2016 nas categorías Poesía, Presentacións
O martes, 31 de maio, ás 20:30 horas, na Cafetería Ferlós, en Bertamiráns, terá lugar a presentación do libro Masculino singular de Carlos Negro.
No acto participarán Valentina Formoso, Federico Pérez e Carlos Negro.
Ler máis →
Publicado o 24 Maio, 2016 nas categorías Poesía, Presentacións
O venres, 27 de maio, ás 20:30 horas no Museo Ramón Mª Aller de Lalín, terá lugar a presentación do libro Masculino singular de Carlos Negro.
No acto, organizado polo Concello de Lalín e Xerais, participarán Lara Rodríguez, Mario Pereira e Carlos Negro.
Ler máis →