Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: matarte_lentamente

Diego Ameixeiras: «A novela negra debe estar atenta ao que sucede nas nosas rúas»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Diego Ameixeiras.     Diego Ameixeiras: «A novela negra debe estar atenta ao que sucede nas nosas rúas» Diego Ameixeiras (Lausana-Suíza, 1976) é posibelmente un dos maiores representantes actuais da nosa novela negra dado que practicamente toda a súa narrativa xira ao redor desta temática.

«Aquí vai haber sangue…» Dez anos de traxectoria literaria de Diego Ameixeiras. Por Elisa Gil

Elisa Gil publicou en La Región un artigo sobre a traxectoria literaria de Diego Ameixeiras.     Aquí vai haber sangue Repasamos os dez anos de traxectoria literaria de Diego Ameixeiras A primeira vez que lin as andanzas do detective Horacio Dopico non puiden evitar procuralo polas rúas do Couto. Imaxinábao compartindo cervexas con algún confidente no Auriense ou fumando apoiado na porta no desaparecido Rock Club.

Unha boa novela: «Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras. Crítica de Xesús González Gómez

Biosbardia publicou unha recensión crítica de Xesús González Gómez sobre a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.     «Matarte lentamente»: Diego Ameixeiras brilla sen etiquetas Ás veces acontece que un autor cuxa primeira obra non nos interesou acaba escribindo obras que si nos interesan.

Presentación en Vigo de “Matarte lentamente” de Diego Ameixeiras

O xoves, 13 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro Social Lume!, rúa Reiseñor, 16 no barrio do Calvario en Vigo, terá lugar a presentación da novela Matarte lentamente de Diego Ameixeiras. No acto participarán Fran Alonso e o autor. Máis información: centrosociallume@gmail.com http://agal-gz.org/blogues/index.

Un estremecedor friso do noso tempo: «Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica da novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.   «Matarte lentamente»: un estremecedor friso do noso tempo    A literatura, a boa literatura, non é allea ao que acontece na rúa. Ten a capacidade de aproveitalo todo e por iso mesmo acostuma ser un bo e fiel testemuño dos tempos. Foino sempre  e segue a selo tamén nos nosos días.

Os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición 2014

A Asociación Galega de Editores fixo públicos os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición, galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.

Diego Ameixeiras estará mañá en Gondomar, no Club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, coa súa novela «Matarte lentamente»

O escritor Diego Ameixeiras estará mañá en Gondomar, participando nunha sesión do Club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que se celebra arredor da súa última novela, Matarte lentamente. A sesión terá lugar ás 20,00 horas, na Biblioteca de Gondomar e o encontro co autor ás 21 horas no mesmo lugar.

Unha novela social: «Matarte lentamente», de Diego Ameixerias. Critica de Camiño Noia en Tempos Novos

A revista Tempos Novos publica unha recensión crítica de Camiño Noia sobre  Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.   A recensión titúlase «Unha novela social» e pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

«Matarte lentamente», a mellor novela de Diego Ameixerias ata que se publique a seguinte. Critica de Marta Rodríguez Álvarez en Tempos Novos

A revista Tempos Novos publica unha recensión crítica de Marta Rodríguez Álvarez sobre  Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras. A novela é calificada como «a mellor novela de Diego Ameixerias ata que se publique a seguinte». A recensión titúlase «Unha banda deseñada en branco e negro» e pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

«Matarte lentamente», de Diego Ameixerias, elixida entre as cinco mellores novelas negras do ano en Portugal

A crítica do programa «Livros com Rum» da emisora portuguesa RUM, Radio Universitária do Minho, elixiu a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras, entre entre as cinco mellores novelas negras do ano en Portugal. «Un excelente libro que fai unha crítica ao capitalismo salvaxe», manifestaron os especialistas literarios da emisora. A presentación correu a cargo de António Ferreira e Sérgio Xavier.

O río da vida: «Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou en El Progreso e no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre  a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.

«Matarte lentamente», de Diego Ameixeiras, na crítica de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario de sobre a novela Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras.