Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Matemáticas

Libros publicados por Xerais finalistas da Gala do Libro Galego 2018

Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia fixeron públicas as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2018, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia.

Novo libro científico nunha colección imprescindible: «O universo matemático, de Antom Labranha. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro O universo matemático, de Antom Labranha,   O universo matemático Hai case un ano celebrabamos a edición dun novo libro de divulgación científica na nosa lingua. E agora seguimos de noraboa, posto que aínda que arestora falemos do segundo desta colección imprescindible que nos ofrece Xerais, xa sabemos que temos nas librarías un terceiro.

Novidade: «O universo matemático, subtitulado «Das ideas e das técnicas», de Antom Labranha. As matemáticas do bacharelato, na vida

O libro O universo matemático, subtitulado «Das ideas e das técnicas», de Antom Labranha, é unha novidade da colección Básicos Ciencia de Xerais.

Xerais Básicos Ciencia, unha colección de divulgación científica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Xerais Básicos Ciencia, a nova colección de divulgación científica de Xerais.     Xerais Básicos Ciencia Entre os lanzamentos de Xerais desta primavera destaca Historia do ADN.

Matemáticas ESO e Bacharelato: materiais de apoio descargables

Matemáticas ESO e Bacharelato: materiais de apoio descargables

Xa están dispoñibles na web de Xerais, para seren descargadas por todo o profesorado e alumnado que o precise, as transparencias para traballar na aula os distintos tipos de funcións que se tratan en Matemáticas nos niveis de ESO e Bacharelato: funcións exponenciais e logarítmicas, funcións irracionais, funcións polinómicas, funcións racionais e funcións trigonométricas.

Programación de “Matemáticas”

Programación de “Matemáticas”

Aquí pode baixarse a programación en pdf (63 páxinas) de Matemáticas 1º de BAC (Ciencias e Tecnoloxía).

«Matemáticas» e «Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais» 1º de Bacharelato: novos libros do alumnado para o curso 2008-2009

«Matemáticas» e «Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais» 1º de Bacharelato: novos libros do alumnado para o curso 2008-2009

Matemáticas e Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais son os novos manuais para 1º de Bacharelato que presenta Edicións Xerais. Realizados por José María Arias Cabezas e Ildefonso Maza Sáez, recoñecidos profesores de instituto e investigadores da Universidade Autónoma de Madrid, cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos.

Curso en liña para o profesorado de Matemáticas

No noso espazo web pode atoparse información sobre a convocatoria dun curso de formación, a través de Internet, dirixido ao profesorado de matemáticas do ensino secundario.