Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: microrrelato

“Atracción total”, adianto da crítica de X.M. Eyré

“Atracción total”, adianto da crítica de X.M. Eyré

O crítico X. M. Eyré adianta hoxe no seu blog as primeiras impresión críticas de Atracción total, o libro de narrativa de Carmen Blanco. Recollemos uns fragmentos do seu texto: “Xa adiantei que me parece un libro atrevido, equilibrio sen rede entre o literario e o non literario. Entre os lectores espertará admiradores apaixonados e detractores convencidos, aventuramos.

Atracción total

Atracción total

Esta semana poñemos á venda Atracción total, o novo libro de microrrelatos de Carme Blanco. O libro será presentado o vindeiro 24 de maio, ás 12:00 horas na Feira do Libro de Lugo, coincidindo co Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme. Atracción total é unha obra en busca da verdade poética nos extremos máis extremos do microrrelato e do relato de relatos.