Publicado o 19 Decembro, 2016 nas categorías Narrativa, Presentacións, Roda de prensa
O martes, 27, ás 12:00 horas, na Casa Grande de Rosende, en Sober, terá lugar un encontro da autora con xornalistas.
O mesmo martes, 27 de decembro, ás 19:00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, rúa Comercio, 6, de Monforte, terá lugar a presentación da novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016.
Ler máis →
Publicado o 10 Maio, 2016 nas categorías Biografía, Críticas, Libros texto_Infantil, LibroX, Vídeos
Carlos Callón recomenda en Sermos Galiza a lectura do libro Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada, ilustrado por Víctor Tizón.
Ler máis →
Publicado o 13 Abril, 2016 nas categorías Blogs, Críticas, Ilustracións, Letras_galegas, LibroX, Merlín
Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada, ilustrado por Víctor Tizón, e tamén sobre o libro Manuel María. Vida, versos e rebeldía, de Manuel Veiga e Xosé Lastra, ilustrado por Nuria Díaz.
Ler máis →
Publicado o 14 Marzo, 2016 nas categorías Biografía, Críticas, Letras_galegas, LibroX
Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o libro Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada, ilustrado por Víctor Tizón.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 4 Marzo, 2016 nas categorías Blogs, Críticas, Letras_galegas, LibroX
O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha recensión sobre Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada, ilustrado por Víctor Tizón.
Ler máis →
Publicado o 23 Febreiro, 2016 nas categorías Letras_galegas, LibroX, Novidades
Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada é unha novidade de Xerais para as Letras Galegas 2016. O libro está ilustrado por Víctor Tizón.
Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2013 nas categorías Entrevistas, Narrativa
La Voz de Galicia publicou unha entrevista a Manuel Veiga, pola súa última novela Os xornalistas utópicos.
Ler máis →
Publicado o 22 Abril, 2013 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Premios
O pasado sábado celebráronse en Monforte os Premios Irmandade do Libro, que concede a Federación de Libreiros de Galicia. Como xa informamos o pasado 16 de abril, a autor galardoada este ano en recoñecemento á súa traxectoria e dedicación ao mundo do libro foi María Xosé Queizán. En canto ao premio como mellor iniciativa de fomento da lectura, recibiuno Antonio Reigosa pola web Galicia Encantada.
Ler máis →
Publicado o 26 Agosto, 2011 nas categorías Feiras_do_libro, Noticias
La Voz de Galicia recolle a información sobre a apertura da Feira do Libro de Monforte, que tivo a Marcos Calveiro como o seu pregoneiro.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2010 nas categorías Crónica, Presentacións
O vindeiro xoves 9 de decembro, ás 20,00 horas terá lugar a presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero, na Galería Sargadelos (Praza de España, 2) de Monforte.
O acto contará coa participación do propio autor, o profesor Alonso Montero, de Rosa María López González, así como do editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 27 Agosto, 2010 nas categorías Asinatura, Autores, Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, Narrativa
Hoxe, venres 27 de agosto, a partir das 20:000 horas, o escritor Xesús Manuel Marcos asinará exemplares das súas obras na Feira do Libro de Monforte.
Ler máis →
Publicado o 10 Agosto, 2010 nas categorías Asinatura, Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias, Premios
Xerais prepara o programa dos actos que realizará na Feira do Libro de Monforte de Lemos, que terá lugar do 25 ao 28 de agosto na rúa do Cardeal.
O xoves 26 de agosto, ás 19:00 horas Ricardo Gurriarán presentará Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968.
Ler máis →