Publicado o 19 Outubro, 2010 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Premios, Xuvenil
O portal LG3, de Cultura galega.org publica unha recensión crítica da investigadora en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas sobre O pintor do sombreiro de Malvas, de Marcos Calveiro, publicado na colección Fóra de Xogo, que reproducimos integramente:
Lenzo de palabras
A novela é un lenzo, un cadro en que os acontecementos suceden paseniño, mais que cando o fan, deixan marcas ben profundas.
Ler máis →
Publicado o 20 Maio, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
RENOVADA E COÑECIDA MOURE
Unha máxica combinación de palabras
A quinta entrega de narrativa para o lectorado adulto de Teresa Moure fainos volver á orixe da súa escrita, ás esencias que marcaron dende o comezo a súa traxectoria literaria e cada vez a delimitan máis.Dende a publicación de Herba Moura en 2005, a autora conta cun público fiel que segue tamén a súa produción ensaística con degoiro.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2010 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Traducións, Xerais_nos_medios, Xuvenil
ESCRIBIR PARA TRANSFORMAR, ESCRIBIR PARA ATOPARSE
Cando en novembro de 2008 saudei xubilosa, neste mesmo espazo, a chegada ao mundo editorial galego de Poderosa de Sérgio Klein, non me equivoquei. Púideno comprobar agora que veño de rematar Poderosa 2, o regreso das aventuras de Joana Dalva que se vén de tirar na colección “Fóra de Xogo” de Xerais.
Ler máis →