Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: montse_pena_presas

«Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de setembro

Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de setembro de 2019. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha novela para non durmir: «Infamia», de Ledicia Costas. Anotación de Montse Pena Presas

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Montse Pena Presas sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro que combina a ciencia ficción e a fantasía cun lirismo moi marcado: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para falar sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, ilustrado por Paula Mayor. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

«Infamia», de Ledicia Costas, e «Fornelos & Fornelos», de Xerardo Quintiá, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de xuño

Infamia, de Ledicia Costas; e Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, publicados por Xerais, atópanse entre os libros máis recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño de 2019.

Unha demorada e documentada achega á vida dun dos nosos autores máis salientables. «Rafael Dieste. O libre pensamento», de Luís Rei Núñez. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Montse Pena Presas sobre o libro: Rafael Dieste. O libre pensamento, de Luís Rei Núñez. O libro está publicado por Xerais na colección: Biografía. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Fornelos & Fornelos», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de maio

Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, é o terceiro libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de maio de 2019. O libro gañou o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, e está publicado por Xerais na colección Poesía.

Unha sorte de `black mirror´narrativo só apto para público arriscado: «Relatos para televisión», de Xabier Cordal. Crítica de Montse Pena Presas no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do xornal Faro de Vigo, publicou unha anotación de Montse Pena Presas sobre o libro: Relatos para televisión, de Xabier Cordal. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Historia da literatura galega IV», de Xosé Ramón Pena, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de abril

Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril.

«Rosalía feminista», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de marzo

Rosalía feminista, de Rosalía de Castro e Helena González Fernández, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de marzo.

Montse Pena Presas: «`Kusuma´ é un libro moi útil para que a rapazada entenda a maneira tan terrible que temos de mirar ao estranxeiro». Crítica sobre o libro de Héctor Cajaraville no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega acolleu a intervención de Montse Pena Presas para falar do libro: Kusuma, de Héctor Cajaraville, ilustrado por María Lires. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018 e está editado por Xerais na colección Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un álbum para todos os públicos sobre o amor aos animais: «A furgoneta branca», de Fina Casalderrey. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para falar sobre o libro: A furgoneta branca, de Fina Casalderrey, ilustrado por Lucía Cobo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 05.20″.

«Dentro da literatura» e «Relatos para a televisión», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de febreiro

Dentro da literatura, de Suso de Toro, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de febreiro. No terceiro lugar sitúase outro texto de Xerais: Relatos para a televisión, de Xabier Cordal.