Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Narrativa

Artigo sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Artigo sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Fran P. Lorenzo publica na contraportada do xornal Galicia hoxe un artigo de opinión sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, que reproducimos: Creo que non leva nin unha semana nas librarías e en Xerais xa están a preparar a segunda edición de Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.

Diego Ameixeiras, en Galicia Confidencial

Diego Ameixeiras, en Galicia Confidencial

Asasinato no Consello Nacional, a última novela de Diego Ameixeiras, que está a ter unha impresionante acollida por parte dos lectores, é o motivo da entrevista, asinada por Walter Burns, que aparece hoxe no Galicia Confidencial: «O bipartito soportou unha presión mediática asfixiante e Galiza é profundamente dócil» Galicia Confidencial entrevista ao escritor do momento.

Diego Ameixeiras, entrevista en El Mundo

O xornal El Mundo faise eco na súa edición galega da expectación que esperta a novela Asasinato no Consello Nacional e publica unha entrevista con Diego Ameixeiras asinada por María Míguez que reproducimos.

Diego Ameixeiras, entrevista en Galicia Hoxe

Esta fin de semana, o suplemento Lecer do Galicia hoxe publicou unha longa entrevista con Diego Ameixeiras que lle fixo a xornalista Rosabel Candal a raíz da aparición na librarías de Asasinato no Consello Nacional, un dos libros que máis expectativa crearon nesta nova tempada literaria.

«Asasinato no Consello Nacional» primeiro capítulo para ler

«Asasinato no Consello Nacional» primeiro capítulo para ler

Pódese baixar en pdf o primeiro capítulo de Asasinato no Consello Nacional, a próxima novela de Diego Ameixeiras, que tanta expectación está a levantar e que se centra no asasinato de Mario Dacosta, parlamentario do BNG, o día en que todo o Consello Nacional presenta a súa dimisión logo do resultado electoral no que o bipartito perde as eleccións. Asasinato no Consello Nacional chegará ás librarías na próxima semana.