Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: noemí_lópez

Compartir soños é posible: «As pombas de Bastián», de María Canosa e Noemí López. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: As pombas de Bastián, de María Canosa, con ilustracións de Noemí López, publicado por Xerais na colección: Merlín.   As pombas de Bastián, de María Canosa e Noemí López   María Canosa escribe con extrema sensibilidade As pombas de Bastián, publicado por Xerais con ilustracións de Noemí López.

«As pombas de Bastián», o novo de María Canosa. Anotación no xornal «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha anotación sobre o libro: As pombas de Bastián, de María Canosa, con ilustracións de Noemí López, publicado por Xerais na colección: Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «As pombas de Bastián», de María Canosa e Noemí López: Minia entabla unha fermosa amizade con Bastián, un home que todos os días lles dá de comer ás pombas da rúa

As pombas de Bastián, de María Canosa, con ilustracións de Noemí López, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir.

Unha guía en papel para as persoas interesadas nas fantasías do noso país: «Guía de campo da Galicia Encantada», de Antonio Reigosa. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Guía de campo da Galicia Encantada, de Antonio Reigosa, publicada por Xerais na colección LibroX. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un excelente achegamento á nosa mitoloxía popular para os menos avezados: «Guía de campo da Galicia Encantada», de Antonio Reigosa. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro: Guía de campo da Galicia Encantada, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López. O libro está publicado por Xerais na colección LibroX.

«Guía de campo da Galicia Encantada», de Antonio Reigosa, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura do libro: Guía de campo da Galicia Encantada, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, publicado por Xerais na colección LibroX. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Unha viaxe fascinante polos territorios da Galicia encantada: «Guía de campo da Galicia Encantada», de Antonio Reigosa. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Guía de campo da Galicia Encantada, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, publicado por Xerais na colección LibroX.

Antonio Reigosa: «A intención deste libro é alentar aos lectores a recoller pola súa conta historias»: «Guía de campo da Galicia Encantada». Entrevista no blog do Consello da Cultura Galega

O blog Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega, publicou unha anotación sobre o libro: Guía de campo da Galicia Encantada, de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López e publicado por Xerais na colección LibroX.

Unha mostra da nosa rica mitoloxía popular: «Guía de campo da Galicia Encantada», de Antonio Reigosa. Anotación no blog Galicia Encantada

O escritor Antonio Reigosa publicou no seu blog Galicia Encantada unha anotación sobre o libro: Guía de campo da Galicia Encantada, do propio Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López e publicado por Xerais na colección LibroX.   Guía de campo da Galicia Encantada, de Antonio Reigosa Todos os textos que se publican nesta obra proceden da web Galicia Encantada. Enciclopedia da fantasía Popular de Galicia.

Novidade: «Guía de campo da Galicia Encantada», de Antonio Reigosa. Un libro para divulgar a nosa cultura popular: Contos, lendas, mitoloxía…

Guía de campo da Galicia Encantada. Dos seres míticos e dos lugares que habitan, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, é unha novidade da colección LibroX de Xerais. Un libro para divulgar a nosa cultura popular. Unha manchea de mitos, lendas, ritos, contos, saberes e sucedidos. Unha guía de campo dos lugares singulares.

Antonio Reigosa: «Os rapaces non coñecen a mitoloxía propia e si a allea, practicamente idéntica»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Enrique Carballo ao escritor Antonio Reigosa sobre o libro Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, ilustrado por Noemí López.

Antonio Reigosa: «A nosa cultura segue a ser forte e profunda»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Laura Ramos Cuba ao escritor Antonio Reigosa sobre o libro Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, ilustrado por Noemí López. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.