Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: non_cantan_paxaros_neste_bosque

Carlos Negro, entre o misterio e o terror: «Non cantan paxaros neste bosque». Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha anotación sobre o libro: Non cantan paxaros neste bosque, de Carlos Negro, publicado por Xerais na colección: Fóra de Xogo   Carlos Negro, entre o misterio e o terror: «Non cantan paxaros neste bosque»   Pois xa temos a Carlos Negro tamén como ficcionador porsístico. En realidade, a súa estrea narrativa non é esta.

Sinaturas na Feira do Libro de Compostela 2021

Do 8 ao 17 de maio, no Paseo Central da Alameda de Compostela, terá lugar a Feira do Libro de Santiago 2021 Día 8 de maio,  sábado 18:00 h.: Yolanda Castaño asinará exemplares de Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias Día 9 de maio,  domingo 19:00 h.: Carlos Negro asinará exemplares de Non cantan paxaros neste bosque 20:00 h.: Manuel Gago asinará exemplares de Nus Día 11 de maio,  martes 20:00 h.

Un conxunto de nove relatos breves do gusto da mocidade e dun amplo lectorado: «Non cantan paxaros neste bosque», de Carlos Negro. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación de Rocío García sobre o libro: Non cantan paxaros neste bosque, de Carlos Negro, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Ames de “Non cantan paxaros neste bosque” de Carlos Negro

O xovos 8 de abril ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, Ames, terá lugar a prensentación do libro Non cantan paxaros neste bosque de Carlos Negro. No acto, organizado polas Bibliotecas Municipais de Ames, participarán Natividade González, Xosé Antonio López Silva, Carlos Negro e Fran Alonso.

Páxinas que zumegan poesía e sentimento e que interpelan ao lector mozo dende a intelixencia: «Non cantan paxaros neste bosque», de Carlos Negro. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Non cantan paxaros neste bosque, de Carlos Negro, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Non cantan paxaros neste bosque», de Carlos Negro: Un bosque de relatos nos que os paxaros non cantan

Non cantan paxaros neste bosque, de Carlos Negro, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente.