Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: nos_diario

Os «Cantares gallegos» de Rosalía, da ecoloxía á Galiza nun mapa global. Anotación no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha anotación asinada por Irene Pin sobre o libro: Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, edición de María do Cebreiro, publicado por Xerais na colección: Biblioteca das Letras Galegas.

Aventuras en banda deseñada con fases de videoxogo: «Nerea. O príncipe da sorte», de Pablo Prado e Miguel Rojo. Anotación no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha anotación sobre o libro: Nerea. O príncipe da sorte, de Pablo Prado e Miguel Rojo, que ven de gañar o o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais. Imaxe: A proba de auga, de Anémona de Río, obra gañadora da primeira edición do certame.   «Nerea.

«Nerea. O príncipe da sorte», de Pablo Prado e Miguel Rojo, gaña o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais

Nerea. O príncipe da sorte, de Pablo Prado e Miguel Rojo, resultou gañadora do II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais na próxima primavera. Imaxe: A proba de auga, de Anémona de Río, obra gañadora da primeira edición do certame. A noticia foi recollida nos seguintes medios de comunicación: El Correo Gallego (28-xaneiro-2021): Miguel Rojo e Pablo Prado, premiados polo Garaxe Hermético.

Carta en tinta de choco: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Anotación no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha anotación asinada por Susana Sanches Arins sobre o libro: A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, publicado por Xerais na colección: Pequena Memoria. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xela Arias, Letras Galegas 2021

A Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2021 a poeta, tradutora e editora Xela Arias. A institución quere así render tributo a “unha voz singular, sincera e comprometida”. En 2018 Xerais publicou, en edición de María Xesús Nogueira, o libro Poesía reunida (1982-2004). Este volume dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento.

María Marco por «Coidadora», Antonio Manuel Fraga por «santoamaro» e Andrea Maceiras por «A folla azul», Premios Xerais 2020

    En Vigo, o venres 18 de decembro de 2020, anunciouse o ditame da XXXVIIª edición do Premio Xerais de Novela, a XIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, os tres premios dotados con 10.000 euros cada un.

A lingua e a humanidade: «Unha mente que voa», de Xurxo Mariño. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou un artigo asinado por Mario Regueira sobre o libro: Unha mente que voa, de Xurxo Mariño, publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Manuel Rivas: «Vivimos un tempo en que a linguaxe é unha Zona a Defender, porque sofre unha corrosión». Entrevista no xornal «Nós Diario» sobre: «Zona a Defender»

O xornal Nós Diario publicou unha entrevista de Irene Pin ao escritor Manuel Rivas sobre o libro: Zona a Defender, publicado por Xerais na colección Crónica-Xornalismo.

Os Premios Xerais de Novela reciben 54 candidaturas. Noticia no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha noticia sobre as obras finalistas aos Premios Xerais 2020. Os Premios Xerais de Novela reciben 54 candidaturas O xurado elixiu como finalistas as obras enviadas baixo os lemas As cerdeiras, Batemos na porta do mundo e Por min e por tódalas compañeiras. Edicións Xerais comunicou esta sexta feira que xa ten finalistas para os Premios Xerais de Novela 2020.

«Dentro da literatura» e «Os corpos invisibles», entre os galardoados na V Gala do Libro Galego 2020. Noticia nos medios e na rede

A V Gala do Libro Galego realizouse este ano 2020 en formato virtual debido ás normas de distanciamento para evitar a expansión da Covid-19.

Suso de Toro: «Penso que é importante para o país coñecer a historia dos Baltar». Entrevista no xornal «Nós Diario» sobre: «Un señor elegante»

O xornal Nós Diario publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Suso de Toro sobre o libro: Un señor elegante, publicado por Xerais na colección Narrativa. Suso de Toro: A historia rescatada A memoria volve atravesar a escrita de Suso de Toro.

Os actores Xerardo Couto e Tacho González poñen voz en galego ás aventuras de Astérix e Obelix en: «O Menhir de Ouro». Anotación no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha anotación sobre o libro: O Menhir de Ouro, de René Goscinny, publicado por Xerais na colección: Cómics.   «O Menhir de Ouro» de Astérix, para escoitar en galego Os actores Xerardo Couto (Astérix), Tacho González (Obélix) e Antón Rubal (Aseguracenturix) poñen voz aos habitantes da aldea gala máis famosa do mundo.