Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: novela_negra

Manuel Esteban: «A novela é un trasunto da miña viaxe persoal, por iso o personaxe vai derrubando barreiras»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Manuel Esteban, autor de A ira dos mansos, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Esteban: «A novela negra é apropiada para contar que alguén con discapacidade ten recursos para construírse como persoa»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de M. Obelleiro a Manuel Esteban, autor de A ira dos mansos, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016.     «A novela xorde como un berro a raíz dunha inxustiza, a da discapacidade intelectual» Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971) é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e profesor da rama sanitaria do CIFP Manuel Antonio.

Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela 2016, primeiras entrevistas

Damos conta das primeiras entrevistas a Manuel Esteban que se publican, autor de A ira dos mansos, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016:   Manuel Esteban: «Quería contar a hipocresía da sociedade  coas persoas con discapacidade», (Faro de Vigo, 05-06-2016). Manuel Esteban: «Quería contar a hipocresía da sociedade cos discapacitados», (La Opinión da Coruña, 05-06-2016).

Dolores Redondo, voz de referencia na novela negra

Radiofusión publicou unha información sobre Dolores Redondo, autora das novelas O gardián invisible,  Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta, que forman a exitosa triloxía de novela negra ambientada no Val do Baztán.     Dolores Redondo, voz de referencia na novela negra Traducida a vintenove idiomas e con máis de catrocentos mil exemplares vendidos.

Diego Ameixeiras: «Dosificar a información é fundamental para un escritor; dicir menos é tratar o lector con máis respecto»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Diego Ameixeiras sobre a súa novela A noite enriba. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Diego Ameixeiras: «A novela negra debe estar atenta ao que sucede nas nosas rúas»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista de Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Diego Ameixeiras, que acaba de publicar a súa novela A noite enriba.

Unha novela popular, moi entretida, feita con solvencia: «Hai que matalos a todos», de Héctor Carré. Crítica de César Lorenzo Gil

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Hai que matalos a todos, de Héctor Carré.   «Hai que matalos a todos»: O papel é o celuloide dos pobres Hai que matalos a todos, de Héctor Carré, editado por Xerais, é un thriller de papel.

Manuel Rivas: «A libraría ten que ver cunha posición moi situacionista, xa que estamos a vivir no mundo do deslugar e a libraría é o lugar»

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a  Manuel Rivas sobre a súa nova novela, O último día de Terranova.   «As cidades desaparecen cando os ricos fan os seus guetos, cando acabamos todos dentro dun xigante Marineda» Manuel Rivas vén de lanzar ás librarías O último día de Terranova (Xerais, 2015).

Héctor Carré: «Non todos os xornalistas son como os tertulianos de Sálvame». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a  Héctor Carré sobre súa novela Hai que matalos a todos.   «Non todos os xornalistas son como os tertulianos de Sálvame» Que pasaría se o herdeiro da coroa atropela un home e alguén o grava? Desta pregunta parte o novo libro do escritor e director de cinema Héctor Carré, Hai que matalos a todos (Xerais).

Literatura de calidade, persuasiva, impecable: «Agosto de memoria e morte», de Xoaquín Fernández Leiceaga. Crítica de Laura Caveiro

Laura Caveiro publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica da novela Agosto de memoria e morte de Xoaquín Fernández Leiceaga. A recensión crítica pode lerese ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xoaquín Fernández Leiceaga: «Interesábame a historia dos vencedores». Entrevista de Alberto Ramos

Praza Pública publica unha entrevista de Alberto Ramos a Xoaquín Fernández Leiceaga sobre a súa novela Agosto de memoria e morte.

Xoaquín Fernández Leiceaga: «Son un lector literario bastante compulsivo, tamén do xénero negro». Entrevista na Radio Galega

O programa Galicia por Diante da Radio Galega emitiu unha entrevista con Xoaquín Fernández Leiceaga sobre a súa novela Agosto de memoria e morte. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.