Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: nus

«Nus», de Manuel Gago e «A afogada», de Rocío Leira, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de abril

Nus, de Manuel Gago, e A afogada, de Rocío Leira, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril de 2021.

Manuel Gago: «Sinto que o que hoxe é Galiza decidiuse nos 80». Entrevista no xornal «Nós Diario» sobre: «Nus»

  O xornal Nós Diario publicou unha entrevista de Ana Triñáns ao xornalista e escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Manuel Gago: «A novela retrata un escándalo da época e revela un segredo que poucos coñecen». Entrevista no «Galicia por Diante» sobre: «Nus»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Nus», de Manuel Gago: Un retrato irónico da Galicia dos anos 80 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro

Nus, de Manuel Gago, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo.

Manuel Gago: «Nesta novela conto a historia do `coirismo´, un movemento que reivindicaba o dereito a ir espidos en Galiza». Entrevista no «Galicia por Diante» sobre: «Nus»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Gago: O novelista que converte en ficción a polémica nudista de Baroña de 1983. Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre «Nus»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha entrevista de M. X. Blanco ao escritor Manuel Gago sobre o libro: Nus, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro estará nas librarías en marzo deste ano 2021. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.