Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_camiño_da_estadea

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Presentación en Allariz de “O camiño da Estadea” de Ramón Caride

O venres, 27 de outubro, 2017, ás 20,30 horas, na Galería Circular, rúa de Lobariñas, 9, Allariz, terá lugar a presentación do libro O camiño da Estadea. O regreso de Sheila e Said de Ramón Caride. No acto conversarán César Lorenzo Gil e Ramón Caride.

Unha novela unha que non deixa indiferente, contra a violencia e a favor da paz: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride. Crítica de Isabel Mociño

El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobre a novela O camiño da Estadea, de Ramón Caride. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Aventuras, ecoloxía e denuncia do rascismo: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre  a novela O camiño da Estadea, de Ramón Caride.   Fin das aventuras de Saíd e Sheila  Produce unha emoción especial dar a despedida a unha serie de novelas, novelas e relatos neste caso, particularmente se esa serie é a que encetou un camiño que despois transitarían outros autores.

Ramón Caride: «Con esta novela, o ciclo de Said e Sheila está pechado»

O Faro de Vigo publicou unha entrevista de Anxo Martínez ao escritor Ramón Caride pola súa novela  O camiño da Estadea. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

O regreso de Sheila e Said ao ano 2009 para abordar a ferida da guerra de Kosovo: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride. Anotación en Brétemas

O regreso de Sheila e Said ao ano 2009 para abordar a ferida da guerra de Kosovo: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre presentación da novela O camiño da Estadea, de Ramón Caride, que se presentou o venres en Cambados.     A heptaloxía de Ramón Caride No serán de onte presentamos en Cambados O camiño da Estadea, a derradeira entrega da heptaloxía de Said e Sheila do escritor Ramón Caride.

A quinta viaxe futurista de Said e Sheila: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride

La Voz de Galicia publicou unha información sobre a novela O camiño da Estadea, de Ramón Caride, que se presenta hoxe venres en Cambados. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «O camiño da Estadea», de Ramón Caride. A aventura final de Sheila e Said

O camiño da Estadea, de Ramón Caride, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación.

Presentación en Cambados de “O camiño da Estadea” de Ramón Caride

O venres, 25 de novembro, ás 19:30 horas, no salón de actos de Exposalnés, paseo da Calzada, s/nº de Cambados, terá lugar a presentación do libro O camiño da Estadea de Ramón Caride. No acto, organizado en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Cambados, participarán Maribel Iglesias, Manuel Núñez, Manuel Bragado e o autor.