Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_garaxe_hermético

Aventuras en banda deseñada con fases de videoxogo: «Nerea. O príncipe da sorte», de Pablo Prado e Miguel Rojo. Anotación no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha anotación sobre o libro: Nerea. O príncipe da sorte, de Pablo Prado e Miguel Rojo, que ven de gañar o o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais. Imaxe: A proba de auga, de Anémona de Río, obra gañadora da primeira edición do certame.   «Nerea.

O talento galego expórtase en viñetas: «A proba de auga», de Anémona de Río. Reportaxe no xornal «La Opinión»

O xornal La Opinión publicou unha reportaxe asinada por Ana Rodríguez sobre autores de cómic galegos que triunfan no panorama español e internacional, con mención ao libro: A proba de auga, de Anémona de Río, publicado por Xerais na colección: Cómics. O libro gañou o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.

«Nerea. O príncipe da sorte», de Pablo Prado e Miguel Rojo, gaña o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais

Nerea. O príncipe da sorte, de Pablo Prado e Miguel Rojo, resultou gañadora do II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais na próxima primavera. Imaxe: A proba de auga, de Anémona de Río, obra gañadora da primeira edición do certame. A noticia foi recollida nos seguintes medios de comunicación: El Correo Gallego (28-xaneiro-2021): Miguel Rojo e Pablo Prado, premiados polo Garaxe Hermético.

O Garaxe Hermético e Xerais convocan o 2º concurso de banda deseñada. Noticia nos medios

A escola O Garaxe Hermético e Xerais convocan o 2º concurso de banda deseñada dirixido ao alumnado da escola convocante que presente traballos en lingua galega. O/a gañador/a obterá un contrato profesional e verá publicada a súa obra na colección Merlín Cómics de Xerais.

Nova xeración na banda deseñada: «A proba de auga», de Anémona de Río. Reportaxe no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou unha reportaxe asinada por Ana Baena sobre a nova xeración na banda deseñada, con mención ao cómic: A proba de auga, de Anémona de Río, publicado por Xerais na colección Merlín. O libro gañou o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Kiko da Silva: «O noso obxectivo é fornecer o mercado editorial galego de autores e contidos propios». Reportaxe no xornal «Diario de Pontevedra» con mención ao libro: «A proba de auga», de Anémona de Río.

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha reportaxe asinada por Belén López sobre a escola de banda deseñada O Garaxe Hermético, dirixida polo debuxante Kiko da Silva, con mención ao libro: A proba de auga, de Anémona de Río, publicado por Xerais na colección Merlín – Cómics. O libro gañou o I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético.

«A proba de auga», de Anémona de Río, gaña o Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais

A proba de auga, de Anémona de Río, resultou gañadora do I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais na próxima primavera. O xurado, composto por Miguel Porto e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais, salientou a magnífica adecuación da obra ao rango de idade ao que vai dirixido, o público infantil.

Xerais e O Garaxe Hermético convocan o I Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, co obxectivo de fomentar a creación de cómic para o público infantil e xuvenil

  Durante o transcurso de Viñetas no Atlántico na Coruña, o pasado mes de agosto, Xerais e O Garaxe Hermético presentaron publicamente as bases da primeira edición do Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, que se fallará antes de final deste ano 2019 e que publicará Xerais.

O Garaxe Hermético e Xerais convocan un concurso de banda deseñada. Noticia nos xornais «El Correo Gallego» e «Diario de Pontevedra»

A escola O Garaxe Hermético e Xerais convocan un concurso de banda deseñada dirixido ao alumnado da escola convocante que presente traballos en lingua galega. O premio será a publicación da obra por Xerais.