Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_peso_do_cerebro

O valor dunha idea: «O peso do cerebro», de Xesús Constela. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha anotación sobre o libro: O peso do cerebro, de Xesús Constela, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   O valor dunha idea   O valor dunha idea pódese adiviñar, pódese presentir, mesmo se pode acreditar nel unha vez que apareceu polas nosas mentes.

Unha narración sobre a memoria e o seu esfarelamento, sobre a identidade a ela unida e sobre a forza dos recordos: «O peso do cerebro», de Xesús Constela. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O peso do cerebro, de Xesús Constela, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Xesús Constela: «A miña novela está protagonizada por Honorio, que ten algún tipo de enfermidade mental relacionada coa vellez». Artigo de Santiago Jaureguizar sobre: «O peso do cerebro»

Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro:  O peso do cerebro, de Xesús Constela, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xesús Constela: «O libro é unha especie de indagación no que pasa pola mente desorganizada dun octoxenario, don Honorio». Entrevista no «Diario de Ferrol» sobre: «O peso do cerebro»

O xornal Diario de Ferrol publicou unha entrevista ao escritor Xesús Constela sobre o libro: O peso do cerebro, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «O peso do cerebro», de Xesús Constela. Unha sorprendente e innovadora novela sobre como as nosas lembranzas na vellez se poden confabular para manipularnos

O peso do cerebro, de Xesús Constela, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras.

Xesús Constela: «Ordenar o cerebro debería ser algo indispensable para todo o mundo». Entrevista no «Diario de Pontevedra» sobre: «O peso do cerebro»

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha entrevista ao escritor Xesús Constenla sobre o libro: O peso do cerebro, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.