Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_pintor_do_sombreiro_de_malvas

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Small Stations Press lanzará a partir do outono unha serie de literatura xuvenil galega traducida ao inglés

Small Stations Press, o selo editorial de Jonathan Dunne, publicará o vindeiro outono os primeiros títulos da nova serie de literatura xuvenil galega en inglés, Galician Wave, que comza a súa andaina con catro títulos: Aire negro de Agustín Fernández Paz, A Pomba e o Degolado de Fina Casalderrey, O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, e Dragal I, de Elena Gallego Abad.

Entrevista de Mar Mato con Marcos Calveiro: «Eu non escribo no folio en branco para sufrir senon para divertirme»

A xornalista Mar Mato publica hoxe no Faro de Vigo unha entrevista con Marcos Calveiro, gañador esta fin de semana do Premio AELG na categoría Infantil e Xuvenil polo seu libro O pintor do sombreiro de Malvas. Na entrevista fálase tamén de Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, a biografía que Marcos acaba de publicar na colección Fóra de Xogo.

«Todo é silencio», «O pintor do sombreiro de Malvas» e «Randea do alento», Premios AELG

O sábado pola noite falláronse en Santiago de Compostela os Premios AELG, concedidos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. En libros de Xerais recaeron os galardóns de tres das categorías. Na categoría de Narrativa, o premio foi para Todo é silencio, de Manuel Rivas. Na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil o premio foi para O pintor do sombreiro de Malvas, de Marcos Calveiro.

«O pintor do sombreiro de malvas», de Marcos Calveiro, seleccionado nos White Ravens 2011

O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro e ilustrado por Ramón Trigo foi seleccionado para a exposición The White Ravens 2011.

Finalistas dos Premios AELG 2011

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán tamén quen escollan de entre os finalistas os galardoados. Blog Literario 1.

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro, o booktrailer

[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.com/v/8YtEqGgkIVQ” width=”600″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil de 2010. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez e as ilsutracións son de Ramón Trigo.

«O pintor do sombreiro de malvas», de Marcos Calveiro: crítica en O levantador de Minas

O blog O levantador de Minas, de Afredo Ferreiro, publica hoxe unha crítica sobre O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, que reproducimos a continuación: O pintor do sombreiro de malvas revela desde o inicio un argumento puído e ben equilibrado.

Recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre «O pintor do sombreiro de Malvas», de Marcos Calveiro

A revista Clij inclúe no seu último número unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, Premio Lazarillo 2009. «Con só cinco títulos publicados para o público infantil-xuvenil, este autor consolidouse entre os primeiros do panorama literario galego para estas idades», escribe referíndose a Marcos Calveiro.

Reedicións de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro en Fóra de Xogo

Os últimos libros de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro na colección Fóra de Xogo son obxecto dunha nova edición ante a súa demanda por parte dos lectores e lectoras. Reedítanse os libros Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que entra na 3ª edición, e O pintor do sombreiro de Malvas, que entra na 2ª edición.

Crítica de Montse Pena Presas sobre «O pintor do sombreiro de Malvas», de Marcos Calveiro

O portal LG3, de Cultura galega.org publica unha recensión crítica da investigadora en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas sobre O pintor do sombreiro de Malvas, de Marcos Calveiro, publicado na colección Fóra de Xogo, que reproducimos integramente: Lenzo de palabras A novela é un lenzo, un cadro en que os acontecementos suceden paseniño, mais que cando o fan, deixan marcas ben profundas.