Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: o_que_non_sabías

Elba Pedrosa: «O formato epistolar deume a oportunidade de falar dun xeito máis íntimo aínda que no resto da narrativa do libro». Entrevista no «Galicia por Diante» sobre: «O que non sabías»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista coa escritora Elba Pedrosa sobre o libro: O que non sabías, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Programa de Xerais no Culturgal 2020

Os días 27, 28 e 29 de novembro terá lugar en Pontevedra o Culturgal 2020 no que Xerais ten programadas as seguintes actividades: Sábado 28. Espazo Libro no Teatro Principal de Pontevedra 12:30 horas: A escritora Ledicia Costas conversará coa xornalista Teresa Cuíñas sobre os seus libros máis recentes: Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos, Vampira de biblioteca e A Señorita Bubble. Baixo cero.

Elba Pedrosa inicia unha xira de sinaturas de «O que non sabías»

A escritora Elba Pedrosa inicia unha xira de sinaturas do seu libro: O que non sabías que a levará durante os meses de novembro e decembro por librarías de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. O calendario de sinaturas é o seguinte: Libraría Berbiriana (A Coruña). 18 de novembro de 2020. 19.00-20.00 horas. Libraría Couceiro (Santiago de Compostela). 25 de novembro de 2020. 19.00-20.00 horas. Libraría Librouro (Vigo).

Elba Pedrosa: «Teño un compromiso literario coa defensa das mulleres». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre: «O que non sabías»

  O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista coa escritora Elba Pedrosa sobre o libro: O que non sabías, con motivo da súa presentación no Club FARO. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa (Imaxe: Ricardo Grobas – Faro de Vigo).

Elba Pedrosa: «A novela conta unha historia intimista que vai moito ao interior dos personaxes». Entrevista en «Radio Estrada» sobre: «O que non sabías»

O programa Salta da cama, de Radio Estrada emitiu unha entrevista coa escritora Elba Pedrosa sobre o libro: O que non sabías, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Ourense 2020

Debido a situación da pandemia, cancélase a presencialidade e mantense unha programación virtual Do 7 ao 10 de outubro terá lugar a Feira do Libro de Ourense Día 7 19:30     Arancha Nogueira asina Dente de leite 20:15     Carlos Da Aira asina A guerra era contra nós Día 8 18:00     Elba Pedrosa asina O que non sabías Día 10 14:00     Luís Manuel García Mañá asina Non fales o que non debes  

Elba Pedrosa: «Este libro vai da loita pola liberdade, desa liberdade que non temos aínda que pensemos que si». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre: «O que non sabías»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista á escritora Elba Pedrosa sobre o libro: O que non sabías, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Elba Pedrosa: «`O que non sabías´ é unha novela optimista cun final aberto que invita a imaxinar dun xeito positivo». Entrevista no programa «A vivir que son dos días», da Cadea Ser

O programa A vivir que son dos días Galicia, da cadea Ser emitiu unha entrevista coa escritora Elba Pedrosa sobre o libro: O que non sabías, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A peza pode escoitarse nesta ligazón.

Varios títulos de Xerais, na listaxe dos libros máis vendidos na primeira quincena de agosto de 2020 que publica Biosbardia

O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.

Varios títulos de Xerais, na listaxe dos libros máis vendidos na segunda quincena de xullo de 2020 que publica Biosbardia

O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.

Un relato intimista co amor como elemento principal: «O que non sabías», de Elba Pedrosa. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O que non sabías, de Elba Pedrosa, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 17.00″.

Elba Pedrosa: «Para unha escritora é moi importante recibir as opinións e as críticas do traballo que levas a facer tanto tempo». Entrevista na Televisión de Galicia sobre: «O que non sabías»

A Televisión de Galicia emitiu unha entrevista de María Solar coa escritora Elba Pedrosa, autora do libro: O que non sabías, publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 02.00″.