Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: océano_para_terrícolas

Actos de Xerais na III Feira do disco e libro galego de Monterroso

O sábado 17 de marzo, de 10:30 a 21:30 horas, n’A cúpula, Monterroso, terá lugar a III Feira do disco e libro galego de Monterroso na que Xerais organiza os seguintes actos:  13:15 horas, no Escenario, Cata literaria con Manuel Garrido autor de A Ribeira Sacra. Guía práctica. 13:45 horas, na Carpa, palestra de Xurxo Souto “Océano para terrícolas” baseada nos seu libros Contos da Coruña e Contos do mar de Irlanda.

Xurxo Souto chega aos cen eventos co seu libro “Contos do mar de Irlanda”

Xurxo Souto chega ás “cen arribadas”. Isto é, cen eventos vencellados ao seu libro Contos do mar de Irlanda. O cal  constitúe fito na promoción do libro galego. O vindeiro mércores, 19 de outubro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, rúa Durán Loriga, 10-1º, da Coruña terá lugar unha nova sesión de “Océano para Terrícolas”. E o sábado día 22, en sesión mañanceira (12 h.

Presentación en Muxía de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 2 de abril, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Muxía, terá lugar un novo espectáculo de “Océano para Terrícolas” no que Xurxo Souto presentará Contos do mar de Irlanda. Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. Vive nunha cidade-barco, A Coruña, mais nunca ninguén lle tiña falado do mar.  Decidiu facer algo elemental: preguntar.

Presentación en Ribeira de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres, 30 de outubro, ás 21:00 horas, no Bar Plaza, praza de Compostela, 11, de Ribeira, terá lugar a performance musical “Océano para Terrícolas” sobre o libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto. No acto participarán Jandro Ayaso do Ateneo Valle-Inclán, José Pazó da Cofradía da Dorna e Xurxo Souto.

Presentación en Mugardos de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O xoves, 8 de outubro, ás 20:30 horas, terá lugar unha nova sesión de “Océano para Terrícolas” (presentación musical de Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto) na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, O Seixo, en Mugardos.