Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: os_celtas

Crítica de Xulio Valcárcel sobre «Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia» de Francisco Calo Lourido

O escritor e crítico Xulio Válcárcel publicou nos xornais xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego unha recensión crítica sobre o libro Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia de Francisco Calo Lourido. 0 celtismo é un debate aberto con fortes enfrontamentos e crispacións. Posturas nunha dirección e noutra dominan o panorama cada ceno tempo.

«Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia», de Francisco Calo, Premio Losada Diéguez de ensaio e investigación

O xurado da XXVI edición do Premio Antón Losada Diéguez outorgou o galardón, na modalidade de investigación e ensaio, á obra Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia de Francisco Calo Lourido.

Conferencia de Francisco Calo na Universidade de Cambridge en torno ao seu libro «Os celtas»

O investigador Francisco Calo Lourido, autor do libro Os celtas, pronunicará unha conferencia na Universidade de Cambridge este mércores 9 de febreiro. A conferencia, que será en inglés, terá lugar no Archaeological Field Club, ubicado no Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Cambridge.

Crítica de Estévez-Saá sobre «Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia», de Francisco Calo Lourido

Nas páxinas de El correo gallego, José Manuel Estévez Saá publicou unha recensión crítica sobre Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia, de Francisco Calo Lourido.

«Aparece a palabra celta e nace a confusión» por Xavier Castro

O primeiro dato escrito arredor do que se denomina o universo celta atopámolo nas Historias de Herodoto (autor do século V a. C. iniciador da historia, a xeografía e a etnografía) cando afirma que o río Istros (Danubio) nace na Céltica, no país dos celtas, preto da cidade de Pyrene e ao oeste dos celtas unicamente vivían os cynesios, é dicir, os homes cans.

«Os Celtas» de Francisco Calo, crítica de Alfredo Iglesias Diéguez «Faro da Cultura»

DÚBIDAS CELTAS. UNHA REVISIÓN DE NOSO Existe dende hai anos un debate, ás veces demasiado acalorado, sobre a presenza celta en Galiza.

«Os Celtas» de Francisco Calo, presentación en Compostela

O venres, 7 de maio, a partir das 20:00 horas será presentado na Feira do Libro de Compostela o ensaio de Francisco Calo Lourido Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia. No acto acompañarán ao autor Xerardo Pereira-Menaut, Catedrático de Historia Antigua da USC e o editor Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Xerais preparou un importante programa de actividades para a Feira do Libro, que se celebrará no Paseo Central da Alameda de Santiago de Compostela, entre o 1 e o 9 do vindeiro mes de maio. Día 1 sábado 13:00 horas: Pregón a cargo de Marcos Calveiro. 19:30 horas: Ricardo Gurriarán asinará exemplares do seu último libro Inmunda escoria. 20:00 horas: Presentación da novela Settecento de Marcos Calveiro.

«Os Celtas» de Francisco Calo, presentación en Pontevedra

O xoves, 22 de abril, ás 20:00 horas presentarase na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa Oliva 24) o libro de Francisco Calo Lourido Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia. No acto participarán Manuel Martí Figueiras, Manuel Bragado e o propio autor.

«Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia» de Francisco Calo Lourido

Na primeira semana de marzo aparecerá nas librarías un importante ensaio de Francisco Calo Lourido Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia. Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta.