Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: os_incurábeis

Antonio Tizón: «Pretendo desmontar a imaxe que relaciona aos enfermos mentais con actos violentos». Entrevista no xornal «Atlántico Diario» sobre: «Os incurábeis»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista asinada por Ana Baena ao escritor Antonio Tizón sobre o libro: Os incurábeis, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   Antonio Tizón: «Pretendo desmontar a imaxe que relaciona aos enfermos mentais con actos violentos» A Feira do Libro convírtese na festa  das letras en Vigo, atraendo á cidade perto de 70 autores ao longo dos dez días que dura o evento.

Feira do Libro de Ourense 2021. Sinaturas

Do 2 ao 5 de xuño, na rúa do Paseo de Ourense, terá lugar a Feira do Libro de Ourense 2021 na que Xerais ten organizadas as seguintes sinaturas de exemplares: O xoves 3 de xuño, ás 20:00 horas, Xabier Domínguez e Alba De Eván, asinarán exemplares do seu libro Maxia de pedra.           O venres 4 de xuño, ás 20:00 horas, Antonio Tizón asinará exemplares de Os incurábeis e do resto da súa obra.

Antonio Tizón: «Tentei abordar o tema da enfermidade mental en clave de xénero negro e dunha forma entretida e amena para o lector». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Os incurábeis»

Os incurábeis, de Antonio Tizón, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Carlos Aguado e Eva Mazás, ademais do autor. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Entre a loucura e a maldade: «Os incurábeis», de Antonio Tizón. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Os incurábeis de Antonio Tizón, publicada por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela literariamente moi valiosa e de lectura engaiolante: «Os incurábeis», de Antonio Tizón. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Os incurábeis, de Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha novela entre o policial e o negro: «Os incurábeis», de Antonio Tizón. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Os incurábeis, de Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Novidade: «Os incurábeis», de Antonio Tizón. Unha historia de morte, paixón e loucura

Os incurábeis, de Antonio Tizón, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. «Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio coruñés dos Castros. A muller morreu desangrada e coa marca dos cairos na gorxa.