Publicado o 30 Xaneiro, 2020 nas categorías Infantil, Lectura, Narrativa, Publicacións, Reportaxes, Xuvenil
Publicouse en Vinte unha reportaxe asinada por María Yáñez e Berta Dávila na que se da conta dunha selección dos vinte mellores títulos da ficción literaria escrita en galego publicados nos últimos 20 anos. Na escolma participaron vinte homes e vinte mulleres que gardan relación de diferentes maneiras co ámbito do libro.
Ler máis →
Publicado o 6 Agosto, 2019 nas categorías Feiras_do_libro
Día 7 de agosto, mércores
A partir das 18:00 horas: Ledicia Costas asina na caseta da librería Cartabón.
18:00 horas: Presentación de Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco. Participan María Lado, Fran Alonso e o autor. Ao remate sinatura de exemplares.
19:30 horas: Nuria Díaz (ilustradodra) asina Pioneiras nca caseta da libraría Moito Conto.
Ler máis →
Publicado o 23 Agosto, 2017 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Borja Casal e Xesús Fraga a Manuel Rivas sobre a súa novela Os libros arden mal.
Ler máis →
Publicado o 23 Agosto, 2017 nas categorías Blogs, Feiras_do_libro, Xerais
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica da actividade e presentacións dos libros de Xerais na Feira do Libro da Coruña.
Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017
Rematamos onte tres días de intensa participación na Feira do Libro da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 17 Outubro, 2016 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
O escritor Manuel Rivas resultou gañador esta fin de semana do Premio Mondoñedo 10 con Os libros arden mal, novela que un xurado escolleu como a mellor das publicadas nos últimos dez anos.
Ler máis →
Publicado o 11 Outubro, 2016 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
O escritor Agustín Fernández Paz coa novela Non hai noite tan longa, a escritora María Reimóndez con O club da calceta e Manuel Rivas con Os libros arden mal son as tres novelas finalistas de Xerais, dun total de seis, dos Premios Mondoñedo 10 na modalidade de Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 10 Marzo, 2015 nas categorías Narrativa, Noticias, Roteiros_literarios
O vindeiro sábado 14 terá lugar un roteiro literario na Coruña, guidado polo escritor Manuel Rivas, en torno á novela Os Libros Arden Mal, que se realiza dentro da programación da Coruña Literaria. O roteiro partirá ás 12 h, desde A Dársena (Portal Real, antiga Avenida da República).
Ler máis →
Publicado o 24 Xuño, 2014 nas categorías Sin categoría
O xornal irlandés The Irish Times publicou unha gabanciosa recensión de All Is Silence (Todo é silencio), a versión en inglés da coñecida novela de Manuel Rivas. A autora da recensión, Eileen Battersby, destaca tamén a importancia crucial doutras dúas novelas de Rivas: The Carpenter’s Pencil (O lapis do carpinteiro) and Books Burn Badly (Os libros arden mal). O xornal Sermos Galiza tamén se fai eco da recensión.
Ler máis →
Publicado o 31 Marzo, 2014 nas categorías Blogs, Centros de ensino, Opinións_lectores/as, Xuvenil
Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 100 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Manuel Rivas lidos ao longo dun trimestre.
As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 1 Marzo, 2011 nas categorías Asinatura, Autores, Narrativa, Noticias, Traducións
Todo é silencio, a máis recente novela de Manuel Rivas, será publicada en francés pola editorial Gallimard e en inglés por Harvill Secker, selo de Random House. Nesta mesma editorial publicouse, no pasado mes de febreiro, a edición de peto d´ Os libros arden mal ( Books Burn Badly) na Colección Vintage, logo da gran acollida da edición en tapa dura aparecida hai un ano.
Ler máis →
Publicado o 22 Outubro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais nos blogs
O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación na que compila todas as anteriores que publicou arredor de Todo é silencio, a novela de Manuel Rivas. Adiantamos uns cantos parágrafos da crítica que publicará proximamente na edición dixital do xornal A Nosa Terra:
Dicir que é o máis acertado de Todo é silencio non resulta doado.
Ler máis →
Publicado o 16 Outubro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais nos blogs, Xerais_nos_medios
Sandra Faginas publicou hoxe, 16 de outubro, no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia a primeira crítica de Todo é silencio, a novela máis recente de Manuel Rivas.
Ler máis →