Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: os_megatoxos_e_o_ladrón_de_xade

Os libros máis vendidos no ano 2015 segundo o Taboleiro do libro galego

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2015 a partir da información proporcionada polas librarías galegas.   NARRATIVA   1º-. Xurxo Souto, Contos do mar de Irlanda 2º-. Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos – – – – – – – – – – – – – – – – – – 4º-.

Un relato universal entre o realismo e a ciencia ficción: «Os Megatoxos e o dragón de xade», de Anxo Fariña. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Os Megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña.     Nova aventura dos Megatoxos             Na literatura infantil e xuvenil, vimos observando, como indicamos no noso comentario ao ano literario 2014, o fenómeno de personaxes que van creando unha saga ao se iren repitindo as súas aventuras en entregas sucesivas.

Booktráiler sobre «Os Megatoxos e o dragón de xade», de Anxo Fariña

Booktráiler sobre Os Megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña. Nesta nova aventura dos Megatoxos, Ruxe, Ninfa, Faísca e Lúa viaxan ao Xapón medieval na procura do Toxo para evitar que Namuzu, unha aparición oriental, provoque un terremoto devastador. Alí comprenderán o importante que son a familia e os nosos devanceiros, ao descubriren cousas do seu propio pasado.

Regresa a saga xuvenil da literatura xuvenil galega: «Os Megatoxos e o dragón de xade», de Anxo Fariña. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Os Megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña.   Regresan os Megatoxos Non debe pasar desapercibida a publicación d’ Os Megatoxos e o dragón de xade, a quinta entrega da serie escrita e ilustrada por Anxo Fariña.

Novidade: «Os Megatoxos e o dragón de xade», de Anxo Fariña

Os Megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña, é unha novidade de literatura infantil e xuvenil para este outono. Nesta nova aventura dos Megatoxos, Ruxe, Ninfa, Faísca e Lúa viaxan ao Xapón medieval na procura do Toxo para evitar que Namuzu, unha aparición oriental, provoque un terremoto devastador. Alí comprenderán o importante que son a familia e os nosos devanceiros, ao descubriren cousas do seu propio pasado.