Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: óscar_sánchez

Xerais Básicos Ciencia, unha colección de divulgación científica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Xerais Básicos Ciencia, a nova colección de divulgación científica de Xerais.     Xerais Básicos Ciencia Entre os lanzamentos de Xerais desta primavera destaca Historia do ADN.

Hoxe Agustín Fernández Paz na Feira do Libro da Coruña

Hoxe na Feira do Libro da Coruña o acto de Xerais estará protagonizado por Agustín Fernández Paz que conversará con Óscar Sánchez e Iago Martínez sobre Non hai noite máis longa a súa novela máis recente. Mañá, mércores, Manuel Rivas presentará a súa novela Todo é silencio e Carlos Callón o libro Como defenderes os teus dereitos lingúísticos.

Hoxe na Feira do Libro da Coruña Portas, Neira Vilas e Alonso Montero

Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por Manuel Portas, Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero que presentarán as súas novidades no Paseo de Méndez Núñez. Mañá, martes, Agustín Fernández Paz presentará a súa novela máis recente. Día 1 luns de agosto ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.  Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira.

«Settecento», conversa entre Marcos Calveiro e Óscar Sánchez

Moi interesante foi a longa conversa que Óscar Sánchez e Marcos Calveiro mantiveron onte na Feira do Libro da Coruña arredor de Settecento. A conversa foi seguida por varios tuiteiros que foron recollendo algunhas das respostas de Calveiro: “Comezo sempre as novelas polo derradeiro capitulo.”; “Para documentarme leo moitísimo, nas novelas que estou escribindo agora levo case 300 libros; porén nunca tomo notas.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais xa ten pechado o programa dos actos que realizará na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Día 2 luns 19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. 19:30 h.

Jaureguizar presentou «O Globo de Shakespeare» no Cultur.gal

Jaureguizar presentou «O Globo de Shakespeare» no Cultur.gal

Jaureguízar presentou O Globo de Shakespeare, a novela gañadora do Premio Terra de Melide no Cultur.gal 2008. Foi entrevistado por Óscar Sánchez de forma moi animada.