Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: penúltimas_tendencias

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Xogar a darlle volta ás constriccións de xénero: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Crítica de Montse Pena Presas

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre o poemario Penúltimas tendencias, de Carlos Negro. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

Tres alumnas do CEIP Alcalde Xosé Pichel entrevistan a Carlos Negro e María Solar

No derradeiro programa de radio do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco neste curso, tres alumnas entrevistaron a Carlos Negro e María Solar despois de ler Penúltimas tendencias, Masculino singular e As horas roubadas, a iniciativa da profesora Mercedes Queixas: Nesta ligazón pode verse a visita de Carlos Negro ao centro, que participou no club lector. E noutrouta ligazón, vemos o peche da tempada radiofónica no centro.

Encontro con Carlos Negro no Club de Lectura «Lendo no Galiñeiro»

Ramón Nicolás publicou no seu Caderno da crítica unha anotación sobre o encontro que mantivo  Carlos Negro sobre os seus libros de poemas Penúltimas tendencias e Makinaria no Club de Lectura Lendo no Galiñeiro, do IES Valadares.

«Penúltimas tendencias», de Carlos Negro e «A viaxe de Gagarin», Premios AELG 2015

Penúltimas tendencias, de Carlos Negro, na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil, e A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, na categoría de Narrativa, son as dúas obras publicadas por Xerais que foron galardoadas nos Premios AELG 2015, fallados na Gala das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Libros de Xerais finalistas nos Premios AELG

Os socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística.

Carlos Negro: «Cómpre combater a idea de amor que perpetúa os roles de machito e princesa»

O xornal dixital Praza Pública publica unha entrevista de Romina Bal a Carlos Negro sobre o seu poemario Penúltimas tendencias.   «Cómpre combater a idea de amor que perpetúa os roles de ‘machito’ e princesa» Carlos Negro desprende sensibilidade, pódese apreciar a suavidade do lilá nas súas palabras. Cando recita transfórmase, muda, con forza e enerxía, coa experiencia das aulas e o sentir da vida.

Un verán cheo de libros

O verán foi moi activo para os libros de Xerais.

Videopoemas sobre David Rodríguez, Manuel Rivas, Carlos Negro e Celso Emilio Ferreiro en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou varios vídeos realizados por alumnos e alumnas de Gracia Santorum a partir de poemas dalgúns libros e autores de Xerais.

Carlos Negro: «A poesía ten que fuxir da solemnidade para se achegar a novos públicos». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou unha entrevista que lle fixo Carme Vidal a Carlos Negro sobre o seu poemario Penúltimas tendencias   Carlos Negro: «A poesía ten que fuxir da solemnidade para se achegar a novos públicos» Penúltimas tendencias (Edicións Xerais) é un libro de poesía que se dirixe “a todas as mozas que non admiten costuras nos labios”.

Presentación en Ames de “Penúltimas tendencias” de Carlos Negro

O venres, 13 de xuño, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns-Ames, terá lugar a presentación do libro Penúltimas tendencias de Carlos Negro. No acto, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames,  participarán Manuel Bragado, Carlos Negro e contará coa colaboración das alumnas Carla Vázquez Fernández e Sandra Abel Grandío do IES de Ames e Suevia Rojo Moure do CEP Ventín.