Publicado o 3 Novembro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog, Novenoites, unha recensión crítica sobre Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas.
A crítica literaria recoñece que a chamada “literatura do eu” forma unha parte imprescindible do presente e do futuro da literatura. Mais eu refírome a un instrumento literario que non é autobiografía nin diario nin memorias en sentido rigoroso.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha crítica de Xosé Feixó sobre Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas.
Clásico vivo
Sensible curiosidade
Xosé Neira Vilas é un dos clásicos vivos da nosa literatura. A súa narrativa, ademais do valor literario intrínseco, axudou en gran medida á recuperación do galego. Memorias dun neno labrego bateu récords de vendas e edicións, ata hoxe.
Ler máis →
Publicado o 7 Outubro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
Daniel Salgado publica un artigo no suplemento Luces de El País sobre o xénero diarístico e fala de Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas.
Talvez para construír a verdadeira crónica privada das nacións non abonde, como escribira Balzac, coa novela.
Ler máis →
Publicado o 26 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
Manuel Rodríguez Alonso inclúe no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Penúltimo dietario, o último libro de recompilación de artigos xornalísticos de Xosé Neira Vilas. A recensión pode lerse aquí.
Ler máis →
Publicado o 13 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
O crítico Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Penúltimo Dietario, de Xosé Neira Vilas.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2011 nas categorías Crónica, Noticias, Xornalismo
O escritor Xosé Neira Vilas presentou na Prazas dos Libros o seu último libro, publicado por Xerais e titulado Penúltimo Dietario, segundo informou La Voz de Galicia de Carballo, diante dunha “multitude de xente que acudiu ao encontro e á posterior sinatura de exemplares.
Ler máis →
Publicado o 1 Agosto, 2011 nas categorías 2011, Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias, Presentacións
Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por Manuel Portas, Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero que presentarán as súas novidades no Paseo de Méndez Núñez. Mañá, martes, Agustín Fernández Paz presentará a súa novela máis recente.
Día 1 luns de agosto
ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas. Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira.
Ler máis →
Publicado o 22 Xullo, 2011 nas categorías Feiras_do_libro, Presentacións
Día 1 luns de agosto
ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas. Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira.
ás 20:45 horas: Presentación Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas.
ás 21:15 horas: Presentación Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero .
Ler máis →
Publicado o 21 Xullo, 2011 nas categorías Crónica, Novidades
Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas, é unha das novidades do mes de xullo, e publícase na colección Crónica.
«Este Penúltimo dietario é unha memoria dos nosos –de Anisia e meus– últimos dezasete anos vivindo no retrinco do mundo onde nacín. Tiña pasado, coma quen di, da aldea ó barco.
Ler máis →