Publicado o 26 Maio, 2016 nas categorías Estudos literarios, Narrativa
A investigadora Estrella Cribeiro estuda a escrita e o activismo nas novelas O club da calceta e Pirata, de María Reimóndez: «The introduction to María Reimóndez’s work focuses on the role of feminism and postcolonialism in the context of identity and nation. Her novels often explore issues of gender and social justice as they relate, in particular, to marginal identities».
Máis información nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2012 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Traducións
María Reimóndez está actualmente no estado indio de Támil Nadu e participará o vindeiro 28 de xullo no lanzamento da tradución ao támil de O deus das pequenas cousas (The God of Small Things, HarperCollins, 1997) de Arundhati Roy. Ao evento, que terá lugar en Chennai, capital de Támil Nadu, asistirán, entre outras persoas, a autora da obra, o editor Kannan Sundaram e María Reimóndez.
Ler máis →
Publicado o 15 Marzo, 2012 nas categorías Conferencia, Narrativa
Un nutrido número de persoas astiron onte á lectura e debate ao redor da novela Pirata de María Reimóndez na Haus des Buches organizada polo Departamento de Tradución e Lingüística Aplicada e o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig. A autora foi presentada pola lectora de galego, Diana García Couso, e o catedrático de Lingüística Iberorrománica, o Prof. Dr. Carsten Sinner.
Ler máis →
Publicado o 9 Marzo, 2012 nas categorías Autores, Entrevistas
Ramón Nicolás recolle no seu blog, Caderno da crítica, unha entrevista con María Reimóndez que publicou no número 174 da revista Que Leer.
María Reimóndez: «Experimento co estilo»
María Reimóndez (Lugo, 1975), vive en Vigo e exerce como tradutora e intérprete. Recibiu numerosos galardóns literarios e realizou diversos traballos de investigación e divulgación sobre feminismo.
Ler máis →
Publicado o 31 Xaneiro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
O último número da revista Festa da Palabra Silenciada publica unha crítica de Ramón Nicolás sobre Pirata, de María Reimóndez, que reproducimos a continuación:
Subxace, quen o dubida, na obra literaria publicada até o de agora por María Reimóndez un pouso común, adopte este a fórmula de expresión poética, narrativa para primeiros lectores, relato curto, novela ou mesmo ensaio, como é a vindicación inalienable dos derei
Ler máis →
Publicado o 22 Novembro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Ramón Nicolás adianta no seu blog Caderno da crítica tres parágrafos sobre a novela Pirata, de María Reimóndez, que escribiu para a revista A Festa da Palabra Silenciada.
Ler máis →
Publicado o 8 Marzo, 2010 nas categorías Autores, Noticias
O luns 1 de marzo comezou a estadía de María Reimóndez na Universidade de Bangor, poñendo en marcha o segundo programa da «Residencia de escritoras/es galegas/os» organizado polo Centro de Estudos Galegos en Gales. Aquí pode consultarse o programa de actos nos que participará a aclamada novelista, tradutora literaria e activista galega, que terán lugar en Bangor, Liverpool e Londres.
Ler máis →
Publicado o 11 Xaneiro, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Xerais_nos_medios
O suplemento «Lecer» de Galicia hoxe publicaba onte unha longa entrevista coa escritora María Reimóndez con motivo da celebración da quinta edición do festival organizado por Implicadas/os polo desenvolvemento, a ONG da que é fundadora e presidenta.
Ler máis →
Publicado o 3 Novembro, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O mércores, 4 de novembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (rúa Oliva 22) presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, acompañarán á autora, Mª Xesús Fariña Busto, o músico Xabier Díaz e o editor Fran Alonso.
Ler máis →
Publicado o 23 Outubro, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O vindeiro luns, 26 de outubro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de santo Domingo 4) presentarase Pirata, a novela máis recente de María Reimóndez. No acto acompañarán á autora Olga Castro, o músico Xabier Díaz e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 23 Outubro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Baixo o título de «Na procura da identidade», Dolores Vilavedra aborda hoxe no suplemento «Luces» da edición galega de El País a crítica da dúas das novelas máis recentes da nosa colección Narrativa, Pirata de María Reimóndez e Sol de Inverno de Rosa Aneiros.
Ler máis →
Publicado o 12 Outubro, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O vindeiro mércores, 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. Acompañarán á autora o músico Xabier Díaz e a escritora Marilar Aleixandre.
Ler máis →