Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: poesía

Anxo Angueira: ««Seguiremos con toda a obra en verso e prosa, en galego e en castelán, de Rosalía de Castro»

A edición compostelá de La Voz de Galicia publicou unha información de Uxía López sobre Anxo Angueira e a súa edición de Follas novas, de Rosalía de Castro.

Distinto, de lectura rápida e moi ben escrito: «Manuel María, buscando un país», de Manuel Veiga Taboada. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha recensión sobre Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada, ilustrado por Víctor Tizón.

«Follas novas»: outra memorable edición crítica de Rosalía. Por Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira.

Anxo Angueira: «Follas Novas é un libro enorme, infinito»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e responsable da nova edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, que acaba de publicar Xerais na colección Clásicos. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Caldo de groria» para Rosalía. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da nova edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, que Xerais acaba de publicar ao coidado de Anxo Angueira.   Caldo de groria para Rosalía Celebramos onte o día de Rosalía en Padrón presentando a edición crítica de Follas novas preparada por Anxo Angueira.

Novidade: «Follas novas», de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. Unha das grandes referencias da poesía universal

Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. Despois de “Cantares gallegos” (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con “Follas novas” (1880).

Novidade: «Manuel María, buscando un país», de Manuel Veiga Taboada. Unha visión sintética, persoal e amena do escritor das Letras Galegas 2016

Manuel María, buscando un país, de Manuel Veiga Taboada é unha novidade de Xerais para as Letras Galegas 2016. O libro está ilustrado por Víctor Tizón. Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha parte dos seus poemas. Viviu tempos malos e custou que fose recoñecido no seu propio país.

A poesía de María Xosé Queizán, na homenaxe «Marías en Acción»

A poesía de María Xosé Queizán escoitouse no acto Marías en Acción, celebrado o pasado sábado en Santiago de Compostela en homenaxe ás mulleres antifascistas represialadas en Galicia e no que participaron Goretti Sanmartín Rei, Marta Lois Encarna Otero Cepeda, Patriza Portopaderne e Lola Ferreiro Díaz. O vídeo pode verse nesta ligazón.

«Poetízate», de Fran Alonso: os poemas preferidos dos estudantes do IES de Lalín

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre Poetízate, de Fran Alonso.   Poetízate Despois de lermos Poetízate, o comentario a facer é ben diferente. Escollen un poema segundo uns parámetros e logo procuran cal é do seu agrado. Anxo Gil Figueiras: O libro achegoume á poesía, cando eu pensaba que era aburrida.

«A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo, e «Raíz da fenda», de Berta Dávila, Premios AELG ao mellor libro infantil e xuvenil e ao mellor libro de poesía

A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, na modalidade de mellor libro infantil e xuvenil, e Raíz da fenda de Berta Dávila, na modalidade de mellor libro de poesía, resultaron gañadores dos Premios AELG 2014 (que premian as mellores obras editadas en 2013), e que se fallaron o pasado día 3 no transcurso da Gala das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en Pontevedra.

Vídeo de Illa Bufarda: «Xela e a palabra»

Illa Bufarda publicou na web do Consello da Cultura Galega dúas producións viodeográficas sobre as poetas Luísa Villalta e Xela Arias. Reproducimos o vídeo «Xela e a palabra», estreitamente vencellado coa importancia da figura e o traballo de  Xela Arias no nacemento e desenvolvemento de Edicións Xerais de Galicia.

«Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro, en Poesía, e «Inmateriais», de Suso de Toro, en Ensaio, encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. Un rato díxolle á lúa, de Antonio García Teijeiro, en Poesía, e Inmateriais, de Suso de Toro, en Ensaio, encabezan os libros máis vendidos. O resto dos títulos poden consultarse aquí.