Publicado o 8 Febreiro, 2012 nas categorías Animación á lectura, Música, Poesía, Sopa de Libros
O libro Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro, será obxecto dunha actividade de fomento da lectura, esta tarde, na Casa de Lectura de Gondomar, que dirixe Espazo Lectura.
A sesión formularalles aos nenos e nenas unha invitación para compartir poesía e música a partir dos poemas do libro.
Ler máis →
Publicado o 21 Xuño, 2011 nas categorías Novidades, Poesía
Os Sonetos de Shakespeare, en tradución de Ramón Gutiérrrez Izquierdo, son unha das novidades do mes de xuño.
Os Sonetos de Shakespeare son un dos cumios da poesía lírica de todos os tempos.
Ler máis →
Publicado o 23 Maio, 2011 nas categorías Clásicos, Críticas, Poesía
O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre Poesía completa, de Lois Pereiro nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego. Reproducímola integramente:
Poeta Pereiro completo
Precedido dun prólogo de Ana Acuña –quen se fixo cargo da edición e das notas a pé de páxina–, tan discreto e serio como a prologuista é –e semella–, aparece un volumen con todos os poemas de Lois Pereiro.
Ler máis →
Publicado o 2 Marzo, 2011 nas categorías Novidades, Poesía, Sopa de Libros
O libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, acompañado dun CD con música de Xurxo Souto e poemas recitados por Fran Alonso, integramente ilustrado e deseñado polo propio autor a partir de caracteres tipográficos, é unha das novidades do mes de marzo na colección Sopa de Libros.
A través dos enredos dun gato poeta, descubrimos outro xeito de ollar a poesía: como algo lúdico, divertido, desmitificado.
Ler máis →
Publicado o 1 Marzo, 2011 nas categorías Novidades, Poesía, Sopa de Libros
O libro Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro e ilustrado por Fino Lorenzo, na colección sopa de libros, é unha das novidades do mes de marzo.
En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos.
Ler máis →
Publicado o 24 Febreiro, 2011 nas categorías Clásicos, Novidades
A Poesía completa, de Lois Pereiro, que se publica por primeira vez reunida e editada por Ana Acuña, é unha das novidades do mes de febreiro na colección Xerais Clásicos.
«O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa experiencia vital, explican a súa particular mirada interior e exterior e a súa escrita.
Ler máis →