Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: poesía_insurxente

Tertulia do Club de Lectura de Radiofusión sobre o libro de poemas «A boca da terra», de Manuel Rivas

O Club de lectura Radiofusión escolleu o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas. As valoracións dos asistentes poden escoitarse ou descargarse en audio nesta ligazón.

«A boca da terra», de Manuel Rivas, o libro máis recomendado pola Tabela dos libros

O libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas, encabeza a clasificación dos libros máis recomendados do verán na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

Manuel Rivas: «No meu xeito de andar pola vida considérome un vagabundo»

O xornal El siglo publicou unha entrevista de Juana Vera a Manuel Rivas centrada no seu poemario  A boca da terra. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Transitar un camiño cheo de revelacións e insurxencias: «A boca da terra», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas.

O libro de poemas «A boca da terra», de Manuel Rivas, esgótase un mes despois de ser editado

O libro de poemas «A boca da terra», de Manuel Rivas, esgótase un mes despois de ser editado

Logo dun mes de ser editado, o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas, esgotou a súa primeira edición, confirmando unha aceptación excepcional por parte dos lectores e lectoras. Nestes momentos Xerais está a imprimir a segunda edición deste poemario tan demandado.

Manuel Rivas: «Primeiro escribo os poemas no aire». Entrevista no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Manuel Rivas sobre o libro de poemas A boca da terra.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Rivas presentará na Feira da Coruña «A boca da terra», un libro de «poesía insurxente»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicouen Brétemas unha anotación sobre o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas, que sairá nos próximos días.   «A boca da terra» de Manuel Rivas Mandamos onte a fabricar A boca da terra, o novo poemario de Manuel Rivas. Un libro de 56 poemas de natureza insurxente, organizado en tres seccións: «A terra que se esconde», «A báscula de Ohio« e «Oracións funebres».