Publicado o 27 Xuño, 2019 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia sobre o acto de entrega do XXXIV Premio Antón Losada Diéguez na categoría de Creación Literaria a Héctor Cajaraville polo libro: Nova Nursia, publicado por Xerais na colección Narrativa. Na modalidade de Investigación en ensaio, o traballo gañador foi: As orixes da fotografía en Galicia, de Carlos Castelao (Alvarellos). O evento tivo lugar o sábado, día 22 de xuño de 2019.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2019 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
Nova Nursia, de Héctor Cajaraville, gañou a XXXIV edición do Premio Antón Losada Diéguez na categoría de Creación Literaria. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia foi recollida polo xornal La Región.
Ler máis →
Publicado o 25 Abril, 2016 nas categorías Autores, Clubs_de_lectura, Natureza, Noticias, Premios
A escritora Ledicia Costas, que se atopa na Feira do Libro de Bos Aires, foi recoñecida esta fin de semana con dous premios: O Premio dos Clubs de Lectura 2016, que concede a Asesoría de Bibliotecas Escolares, dependente da Consellería de Educación e Cultura, así como co Premio Antón Losada Diéguez no apartado de Literatura pola súa novela Un animal chamado néboa.
Ler máis →
Publicado o 19 Febreiro, 2014 nas categorías Ensaio, Entrevistas
A edición de Ourense de La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Ramón Nicolás sobre a concesión, o pasado ano, do último Premio Losada Diéguez de Investigación e Ensaio pola súa biografía Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 28 Novembro, 2013 nas categorías Biografía, Blogs, Clubs_de_lectura, Crónica
O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a presenza de Ramón Nicolás no Club de Lecturada Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda, centrado en Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
Actualización 29/11/13: O blog do Club de Lectura de Silleda publicou unha anotación sobre a intervención de Ramón Nicolás e Luís Ferreiro na sesión dedicada á biografáia de Celso Emilio Ferreiro.
Ler máis →
Publicado o 27 Novembro, 2013 nas categorías Biografía, Clubs_de_lectura, Crónica
O crítico e escritor Ramón Nicolás estará presente esta tarde no Club de Lecturada Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda para falar de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a biografía do poeta celanovés que foi galardoada co Premio Losada Diéguez.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2013 nas categorías Biografía, Críticas, Noticias, Premios
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a monumental biografía do poeta celanovés escrita por Ramón Nicolás resultou gañadora esta fin de semana do Premio Losada Diéguez na modalidade de Investigación e Ensaio. Reproducimos a información de La Voz de Galicia e a do propio blog do autor, Caderno da crítica.
Ler máis →
Publicado o 23 Abril, 2012 nas categorías Crónica, Premios
O libro Aníbal Otero Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, Premio Losada Diéguez de Investigación e Ensaio.
Ler máis →
Publicado o 25 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Ensaio, Historia
O escritor e crítico Xulio Válcárcel publicou nos xornais xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego unha recensión crítica sobre o libro Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia de Francisco Calo Lourido.
0 celtismo é un debate aberto con fortes enfrontamentos e crispacións. Posturas nunha dirección e noutra dominan o panorama cada ceno tempo.
Ler máis →
Publicado o 3 Maio, 2011 nas categorías Ensaio, Historia, Noticias, Premios
O xurado da XXVI edición do Premio Antón Losada Diéguez outorgou o galardón, na modalidade de investigación e ensaio, á obra Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia de Francisco Calo Lourido.
Ler máis →