Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_fundación_caixa_galicia

A profa presenta unha completísima guía de lectura de «Ás de bolboreta»

A profa acaba de presentar no seu blog unha completa guía de lectura de Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que contou coa colaboración da propia autora. A guía de lectura está dirixida, moi especialmente, para o seu uso didáctico co alumnado do 2º ciclo da ESO e Bacharelato.

«Ás de bolboreta», Premio Fundación Caixa Galicia, primeira presentación

O vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 19:30 horas, nas inatalacións da Biblioteca da Fundación Caixa Galicia (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16) de Santiago realizarase a primeira presentación da novela Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. No acto acompañarán á autora o editor Manuel Bragado e o director da Biblioteca Pedro Lucas.

«A Cabeza de Medusa», crítica en Culturagalega.org

«A Cabeza de Medusa», crítica en Culturagalega.org

Isabel Soto ven de publicar no Lg3 de Culturagalega.org unha crítica de A Cabeza de Medusa de Marilar Aleixandre, premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, 2008. Recollemos un fragmento: Con esta obra galardoada co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, a autora introdúcese nun tema pouco ou nada tratado na LIX galega cal é a violación.