Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_fundación_caixa_galicia_literatura_xuvenil_2009

«Pedagóxica e políticamente incorrecto»: Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Febre», de Héctor Carré

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Febre, de Héctor Carré, Premio Fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011.

Convocados os Premios Xerais 2011

Edicións Xerais de Galicia convoca, un ano máis, os Premios Xerais nas súas tres modalidades, correspondentes á convocatoria de 2011. As súas bases poden consultarse neste blog ou na web de Xerais e o prazo de admisión de orixinais remata o día 11 de abril. Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros, na súa 28ª edición. Bases. Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, na súa 26ª edición. Bases.

Rosa Aneiros: «Ás de bolboreta»

Que conta? Na cafetería de Patricia, a Luzada, conflúen cada mañá os camiños polos que transitan os personaxes d’ As de bolboreta. O de Manuel, un neno de orixe africana orfo dobremente ao morrerlle a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó.

«Ás de bolboreta» de Rosa Aneiros, crítica de Isabel Soto

PERSONAXES ELIXIDOS Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Tras catro convocatorias, desde a súa creación en 2006 froito dun acordo entre a Fundación Caixa Galicia e Edicións Xerais, o galardón converteuse nun bo seleccionador de tendencias, temas e autores do século XXI dentro do amplo espectro da “literatura xuvenil”, tendo en conta que no xurado participan mozos e mozas.

«Ás de bolboreta» mensaxe nunha botella

A edición 2009 dos Premios Xerais viña con sorpresa, e grande: a dobre condición de gañadora de Rosa Aneiros en dúas categorías, a de novela con Sol de Inverno e o Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con Ás de bolboreta.

Rosa Aneiros entrevistada por «A Nosa Terra»

Rosa Aneiros é entrevistada por A Nosa Terra con motivo da promoción de Sol de Inverno e Ás de bolboreta, as novelas polas que obtivo o Premio Xerais e premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

“A cova das vacas mortas”, unidade didáctica de Pilar Ponte

Recomendamos moi vivamente a unidade didáctica que a profesora Pilar Ponte preparou sobre A cova das vacas mortas, a novela de Jaureguízar gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2006. A unidade didáctica está aconsellada para alumnado de Bacharelato, mais tamén está sendo utilizada con éxito en diversas aulas de 4º de ESO. Os nosos parabéns á autora e á iniciativa da AELG.

Rosa Aneiros entrevistada por «Xornal de Galicia»

Arturo Losada publica en Xornal de Galicia a entrevista que lle fixo a Rosa Aneiros con motivo da primeira presentación d’ Ás de bolboreta, a novela gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009.

“Ás de bolboreta”, Premio Caixa Galicia 2009, un capítulo para descargar

Descarga dende aquí un capítulo en pdf da novela de Rosa Aneiros, Ás de bolboreta, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009.

Amanda Bouzada, entrevista nos Premios Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=FEu54FQNtK0] Vídeoentrevista a Amanda Bouzada, membro do xurado Premio Fundación Caixa Galicia que premiou á novela Ás de bolboreta de Rosa Aneiros.

Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2009

Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2009

Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2009, o número de participantes en cada categoría foi: 26º  Premio Xerais de novela: 45 orixinais. 24º Premio Merlin de literatura infantil: 24 orixinais. 4º Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil: 19 orixinais.

Premios Xerais 2009

Premios Xerais 2009

Xa se poden descargar as bases dos Premios Xerais de Novela 2009 (25.000 euros),  Merlín de Literatura Infantil 2009 (10.000 euros) e  Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009 (10.000 euros). Para participar en calquera dos tres concursos, cómpre presentar de cada orixinal seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo, antes do día 13 abril de 2009 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A.