Publicado o 2 Febreiro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
Enlazamos as magnificas palabras de María Xosé Queizán sobre Randea o alento, a novela de Herta Müller, na presentación do libro na librería Andel, reproducidas no blog de Feministas Independentes Galegas. Poden lerse completas no blog de FIGA. Reproducimos un pequeno extracto:
Teño reflexionada sobre o feito de que en momentos de grandes traxedias e sufrimentos colectivos pode haber persoas que encontren a felicidade.
Ler máis →
Publicado o 13 Xaneiro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios, Traducións
O crítico Xesús González Gómez publica en A Nosa Terra unha recensión sobre Randea do alento, da premio Nobel alemana Herta Müller, calificándoa como unha obra «impoñente». Ademais, a novela, traducida pola escritora Marga do Val, será presentada mañá venres na librería Andel de Vigo.
Ler máis →
Publicado o 21 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Críticas, Narrativa, Premios
O Faro da Cultura publica hoxe unha recensión crítica de Laura Caveiro sobre Randea do alento, de Herta Müller, Premio Nobel do pasado ano. Aínda que tamén pode lerse en pdf, reproducímola integramente:
Herta Müller e nós
O inverno máis profundo
De Herta Müller, penúltimo Nobel de literatura, xa podíamos ler en galego O home é un grande faisán no mundo, publicada na serie “As literatas” de Xerais.
Ler máis →
Publicado o 1 Outubro, 2010 nas categorías Artigos literarios, Autores, Narrativa, Premios, Traducións
O poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello fala hoxe da obra literaria de Herta Müller, traducida ao galego por Xerais, con motivo da aparición nas librarías da última novela da Premio Nobel alemana, Randea do alento. No seu artigo do xornal Galicia Hoxe, titulado «Herta Müller en galego», Fernán Vello sinala a calidade da súa obra literaria.
Ler máis →
Publicado o 28 Setembro, 2010 nas categorías Adiantos_para_ler, Narrativa, Premios, Traducións, Xerais_nos_medios
As páxinas de cultura do Galicia Hoxe recollen a publicación de Randea do alento, de Herta Müller, a segunda novela da Premio Nobel alemá que publica Xerais. Traducida ao galego por Marga do Val, Randea do alento relata a deportación da minoría alemá en Romanía aos campos de traballos forzados en Ucraína en xaneiro de 1945 a través das vivencias dun mozo de 17 anos, Leo Auberg.
Ler máis →
Publicado o 24 Setembro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Traducións
A vindeira semana estará nas librarías Randea do alento, da alemana Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. Hai uns días adiantabamos, desde o blog de Xerais, a posibilidade de ler o primeiro capítulo da obra, así como a introdución da tradutora, Marga do Val. Radea do alento é a segunda novela desta autora que publica Xerais, logo de O home é un grande faisán no mundo.
Ler máis →
Publicado o 3 Setembro, 2010 nas categorías Adiantos_para_ler, Narrativa, Premios, Traducións
Pódense baixar en pdf as primeiras páxinas de Randea do alento, a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. O adianto inclúe a introdución de Marga do Val, a tradutora, e o primeiro capítulo da obra. Randea do alento chegará ás librarías na derradeira semana de setembro.
Ler máis →
Publicado o 2 Setembro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Traducións
Na derradeira semana deste mes de setembro aparecerá nas librarías Randea do alento, a novela máis recente de Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009. Traducida do alemán por Marga do Val, esta novela foi considerada pola crítica alemá «como unha obra que, nestes momentos, sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos».
Ler máis →
Publicado o 9 Decembro, 2009 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Premios, Traducións, Xerais_nos_medios
Moi interesantes son as declaracións realizadas en Estocolmo por Herta Müller, días antes da cerimonia de entrega do Premio Nobel de Literatura. A escritora alemá, de nacionalidade romanesa e pertencente á minoría suaba, síntese «filla do desarraigamento»: “A miña casa era a miña casa, pero se es perseguida, se estás asustada, non tes sensación de fogar” explicou.
Ler máis →
Publicado o 15 Outubro, 2009 nas categorías Narrativa, Opinións_lectores/as, Premios, Traducións
Recollemos os primeiros parágrafos da anotación de Xosé Manuel Eyré sobre a concesión do premio Nobel 2009 a Herta Müller e a edición en galego da súa novela O home é unha grande faisán no mundo:
Anda a xente aínda coa sorpresa. Ninguén contaba con ela, e velaí está. Ando lendo a novela que traduciu Frank Meyer ao galego, unha preciosa tradución, por certo.
Ler máis →
Publicado o 11 Decembro, 2008 nas categorías Narrativa, Reedicións, Traducións, Vídeos, Xerais_nos_medios
A Nosa Terra e Vieiros fanse eco da noticia da aparición da reedición de Mondo e outras historias, o memos día que o autor francés recibía o Premio Nobel en Estocolmo.
Ler máis →
Publicado o 27 Outubro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Traducións, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Hoxe, X.L. Méndez Ferrín, na súa columna de Faro de Vigo recorda como se xestou na editorial en 1987 a tradución de Raquel Villanueva e Valentín Arias e edición en Xabarín de Mondo e outras historias de J. M. Le Clézio, o premio Nobel de Literatura 2008. Naquel momento a veterana colección xuvenil era dirixida por Luís Mariño e polo propio Ferrín.
Ler máis →