Publicado o 21 Febreiro, 2013 nas categorías Críticas, Narrativa
Protexta publicou unha recensión crítica de Lara Rozados sobre Dark butterfly de Rexina Vega.
Na recensión crítica, titulada «A linguaxe das sombras», Lara Rozados explora unha novela que afonda na construción social da tolemia e na brutalidade da norma.
Ler ou descargar a recensión crítica en pdf.
Ler máis →
Publicado o 21 Febreiro, 2013 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Ensaio
Protexta publicou un longo artigo literario de Suso de Toro sobre o libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira.
O escritor Suso de Toro aborda nun longo artigo o significado dos dous últimos ensaios de Camilo Nogueira, entre os que se atopa Para unha crítica do españolismo, publicado na colección Ensaio de Xerais.
Ler ou descargar o artigo de Suso de Toro en pdf.
Ler máis →
Publicado o 21 Febreiro, 2013 nas categorías Biografía, Críticas, Crónica
Protexta publicou unha recensión crítica de Víctor M. Santidrián Arias sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.
Luís Soto foi o nexo entre o comunismo de pre-guerra e o nacionalismo do exilio e o autor da recensión crítica sinala como un dos elementos máis salientables do libro oa forte relación que Soto tiña co nacionalismo galego.
Ler ou descargar a recensión crítica en pdf.
Ler máis →
Publicado o 21 Febreiro, 2013 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
Protexta publicou unha entrevista a Samuel Solleiro sobre a súa última novela, Gran tiburón branco, encabezada polo titular «Todo o que ten que ver co Partido Popular é violento». Na entrevista, feita por Ócar Iglesias, Samuel Solleiro fala de literatura, de política e, moi especialmente da súa obra literaria.
Ler máis →
Publicado o 5 Febreiro, 2013 nas categorías Críticas, Crónica
Armando Requeixo recolle no seu blog unha recensión crítica que publicou no último número de protexta baixo o título «Pegadas literarias» sobre O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.
Ler máis →
Publicado o 30 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Infantil, Música, Poesía, Sopa de Libros
Ánxela Gracián publicou en Protexta unha recensión crítica de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, libro do que estes días sae á luz a 2ª edición.
Ler máis →
Publicado o 29 Agosto, 2011 nas categorías Autores, Críticas, Ensaio
Iolanda Martínez Suárez publica no último número de Protexta unha longa recensión crítica sobre o libro de homenaxe a María Xosé Queizán, Cara a unha poética feminista, así como sobre o último ensaio da mesma autora, Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial.
Ler máis →
Publicado o 26 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xuvenil
Montse Pena Presas publica no último número de Protexta unha recensión crítica sobre O segredo da Pedra Figueira, de María Xosé Queizán.
Un texto pioneiro
Relato fundacional de María Xosé Queizán para a literatura xuvenil galega. Agora recupérao Xerais
O segredo da Pedra Figueira de María Xosé Queizán publicábase por primeira vez baixo o selo Tintimán –xurdido ao amparo da revista homónima– en 1985.
Ler máis →
Publicado o 26 Agosto, 2011 nas categorías Críticas, Crónica
Gustavo Hervella publica no último número de Protexta unha longa reportaxe baixo o título de «Lecturas de represión, violencia e ditadura», durante a que se realiza un repaso de dous libros publicados por Xerais recentemente: Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira; e Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero.
Ler máis →
Publicado o 15 Decembro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Baixo o título «A magnitude do inverno» e o subtítulo «Epopea romántica con feitos históricos como fío», Oriana Méndez publica en Protexta 12 unha extensa crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do premio Xerais 2009. Oriana Méndez salienta que o conxunto deste relato «é unha loita incondicional pola conitnuidade: a supervivencia é o único camiño.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Baixo o título «A oración do escravo», Iago Martínez publica no «Protexta» nº 12, o suplemento de libros de Tempos Novos, unha extensa crítica sobre Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro.
O texto, do que recomendamos moi vivamente a súa lectura, pode baixarse en pdf aquí.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2009 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios, Xuvenil
A edición 2009 dos Premios Xerais viña con sorpresa, e grande: a dobre condición de gañadora de Rosa Aneiros en dúas categorías, a de novela con Sol de Inverno e o Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con Ás de bolboreta.
Ler máis →