Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: radiofusión

Anaír Rodríguez: «As mulleres de ‘Pioneiras’ demostraron unha capacidade extraordinaria para conquistar espazos sociais porque o tiñan todo na súa contra»

Radiofusión emitu unha entrevista con Anaír Rodríguez Rodríguez sobre o álbum ilustrado, Pioneiras, Galegas que abriron camiño, ilustrado por Nuria Díaz. A entrevista pode escoitarse ou descargarse en mp3 nesta ligazón.   Mamá, futbolista quero ser, dixo Irene En vísperas do 8 de marzo, Edicións xerais de Galicia publica “Pioneiras.

Cando o poder quere exercer o dominio: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Tertulia do Club de Lectura de Radiofusión

O Club de lectura Radiofusión debate sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. As valoracións dos asistentes poden escoitarse nesta ligazón.   Cando o poder quere exercer o dominio O mundo das salas de exhibición cinematográfica está moi presente na novela de Xabier P.DoCampo “A nena do abrigo de astracán”.

Miguel Vázquez Freire: «Demos de verán parece unha novela de intriga esotérica, pero é unha parodia»

Radiofusión emitu unha entrevista co escritor Miguel Vázquez Freire sobre a súa novela Demos de verán. A entrevista pode escoitarse ou descargarse en mp3 nesta ligazón.

A Tertulia do Club de Lectura de Radiofusión entrevista a Manuel Gago e debate sobre «O anxo negro»

O Club de lectura Radiofusión debate sobre a novela  O anxo negro, de Manuel Gago, en compaña do autor. A entrevista ao autor e as valoracións dos asistentes poden escoitarse nesta ligazón.

Antón Cortizas: «A utopía permítenos buscar a bondade»

Radiofusión emitiu unha entrevista a Antón Cortizas, sobre a súa novela Leonel, gravada en Radio Fene. A entrevista pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Tertulia do Club de Lectura de Radiofusión sobre o libro de poemas «A boca da terra», de Manuel Rivas

O Club de lectura Radiofusión escolleu o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas. As valoracións dos asistentes poden escoitarse ou descargarse en audio nesta ligazón.

Tertulia do Club de Lectura do IEs de Fene sobre a novela «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas, retransmitida por Radiofusión

O Club de lectura do IEs de Fene, escolleu a novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, e a tertulia en torno ao libro emitiuse en Radiofusión. A tertulia pode escoitarse ou descargarse en audio nesta ligazón.

Marcos Pérez Pena: «Hai moitos xornalistas en Galicia que fixeron un traballo moi importante en defensa do autogoberno»

Radiofusión publicou unha entrevista de Henrique Sanfiz co xornalista Marcos Pérez Pena sobre o seu libro A prensa en Galicia na Transición.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón   Marcos Pérez: «Na transición logrouse erguer unha axenda informativa galega» O golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 prodúcese tres meses despois da vitoria electoral de Reagan en Estados Unidos.

Felipe Criado Boado: «A paisaxe é resultado da acción humana conxugada co contorno»

Radiofusión publicou unha entrevista con Felipe Criado Boado, un dos autores do libro Atlas arqueolóxico da paisaxe galega. Un atlas para entender como a cultura transformou o medio natural A paisaxe é un dos sinais de identidade de Galicia.

Xosé Lastra: «Manuel María trascendeu pola súa insobornable defensa do pobo e da patria»

Radiofusión publicou unha entrevista con Xosé Lastra sobre o libro Manuel María. Vida, versos e rebeldía, de Manuel Veiga e Xosé Lastra.   Galicia é unha potencia creativa, segundo Xosé Lastra Galicia é unha potencia creativa en música e literatura. Fáltalle soporte cidadán e político, segundo asegura Xosé Lastra. Conxuntamente con Manuel Veiga ven de publicar en Edicións Xerais a obra “Manuel María.

Marcos Calveiro: «Os cativos sempre atopan algo no libro que eu non sabía que estaba aí»

Radiofusión publicou unha entrevista co escritor Marcos Calveiro en torno ao libro Unha casiña branca.   Marcos Calveiro: «Veño falar do lixo» Puntual chegou o escritor Marcos Calveiro ao colexio Centieiras de Fene esta mañá.

Dolores Redondo, voz de referencia na novela negra

Radiofusión publicou unha información sobre Dolores Redondo, autora das novelas O gardián invisible,  Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta, que forman a exitosa triloxía de novela negra ambientada no Val do Baztán.     Dolores Redondo, voz de referencia na novela negra Traducida a vintenove idiomas e con máis de catrocentos mil exemplares vendidos.