Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: rafael_fernández_lorenzo

Unha narración engaiolante sobre o mito da Coca de Redondela: «Cocotibur», de Rafael Fernández Lorenzo e Esteban Souto. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Cocotibur, de Rafael Fernández Lorenzo, con ilustracións de Esteban Souto, publicado por Xerais na colección Merlín.

Novidade: «Cocotibur», de Rafael Fernández Lorenzo e Esteban Souto: Unha historia de fantasía que conta a misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega

Cocotibur, de Rafael Fernández Lorenzo, con ilustracións de Esteban Souto, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. A misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega e a súa intensa e dificultosa busca son o fío condutor desta historia de fantasía que bebe directamente das lendas da tradición oral.

Bernardino Graña elixido académico

Bernardino Graña elixido académico

Na mesma sesión na que A Academia Galega designou a Uxío Novoneyra como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2010, foi elixido académico o seu amigo o poeta Bernardino Graña. Un nomeamento que a todo o cadro de persoal da editorial nos enche de fachenda e satisfacción polo vencellamento solidario de Bernardino con Xerais, ao longo de tres décadas, na que ten publicada unha boa parte da súa obra.

«Mil cretinos» ou o home que miraba pola fiestra

«Mil cretinos» ou o home que miraba pola fiestra

Rafael Fernández Lorenzo publica no Cartafol de libros unha crítica sobre Mil cretinos, o libro de Quim Monzó traducido por Helena González. Monzó é escritor, tradutor e periodista, pero na súa ampla obra destacan sobre todo os contos e os relatos breves. Pasaron xa algúns anos dende que publicou o seu anterior libro titulado Splassshf, unha recompilación da súa extensa traxectoria narrativa.