Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: raíz_da_fenda

O territorio da fisura: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Anotación de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).   Territorio da fenda O destino do ser humano é enfrontarse á soidade. Chego a esta conclusión logo da lectura da primeira » fisura» de Raíz da fenda, o poemario de Berta Dávila editado por Xerais.

Presentación de “Raíz da fenda” de Berta Dávila en Pontevedra

O xoves, 7 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación do poemario Raíz da fenda de Berta Dávila ( XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu). No acto participarán Lucas de las Heras e Berta Dávila.

Presentación en Gondomar de “Raíz da fenda” de Berta Dávila

O xoves, 10 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Libraida, rúa Rosalía de Castro, 13 de Gondomar, terá lugar a presentación do poemario Raíz da fenda de Berta Dávila XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu . No acto participarán Marta Dacosta, Fran Alonso e Berta Dávila. A autora fará un agasallo a cada un dos asistentes.

«Historia da Literatura Galega I» e «Raíz da fenda» encabezan os libros máis recomendados na Tabela dos libros do mes de outubro

Historia da Literatura Galega I, de Xosé Ramón Pena, e Raíz da fenda, de Berta Dávila, sitúanse no primeiro e segundo posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de setembro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Entrevista a Berta Dávila no ZigZag con «Raíz da fenda», o poemario revelación desta tempada

Berta Dávila foi entrevistada no programa ZigZag da TVG polo seu poemario Raíz da fenda, Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. “ZigZag Diario” conversa coa nova escritora compostelá Berta Dávila, que acaba de gañar o Premio de Narrativa Breve de Repsol pola súa obra “O derradeiro libro de Emma Olsen”.

«Raíz da fenda», en Poesía; «Flor de area» en Infantil e Xuvenil, e «Historia de Galicia» en Ensaio encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos a partir da información proporcionada por 12 librarías galegas. Raíz da fenda, de Berta Dávila, en Poesía; Flor de area, de M. Lourenzo González, en Infantil e Xuvenil, e Historia de Galicia, de Anselmo López Carreira en Ensaio-Teatro encabezan os listados dos libros máis vendidos.

Lírica galega de calidade innegable: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).     Poesía como sentimento e comunicación Berta Dávila preséntanos neste poemario unha concepción da poesía que se move polos vieiros da memoria, do sentimento e mais da dor.

Tomar consciencia de que algo se move debaixo dos pés: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica de Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).   Limiar da quebra No tren da memoria dolorosa O oficio do crítico é sentir medrar a herba, ser quen de albiscar entre a néboa unha silueta apenas enxergada. E Berta Dávila viña avisando da súa presenza dende hai tempo.

Presentación do poemario “Raíz da fenda” en Betanzos

O venres, 20 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira). No acto participarán Elena Veiga Rilo, Fran Alonso e Berta Dávila. A autora fará un agasallo a cada un dos asistentes.

Poesía que enche e fai sentir: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Crítica de Miguel Sande

Miguel Sande publicou no Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).

A escisión e a perda: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila. Pode escoitarse neste enlace a partir do minuto 46.

As riscaduras na pel: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Dores Tembrás

Dores Tembrás publicou no seu blog o texto da súa presentación do poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, na feira do Libro da Coruña.     «Raíz da fenda», de Berta Dávila Cinco fisuras, cento tres poemas que enfían raíces, que constitúen o itinerario da fenda, o eu poético sobrevive e está de volta para escriturar o que foi.