Publicado o 8 Setembro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre os libros: Perigo vexetal e Ameaza na Antártida, de Ramón Caride, publicados por Xerais.
Viaxar polo mundo cos libros de Ramón Caride
“Ola, rapaces do pasado! Que por que vos chamo ‘rapaces do pasado’? Pois porque eu, a que está escribindo isto, son Sheila, vivo no ano 2075, e dende aquí escribo.
Ler máis →
Publicado o 21 Maio, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Lectura
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha selección de libros para o confinamento, con mención a varios títulos publicados por Xerais: Singamia 1.1, de Ramón Caride; Se isto é un home, de Primo Levi; O mar que nos leva, de Moncha Fuentes; Os corpos invisibles, de Emma Pedreira; A póla branca, de Xavier Seoane; Transmatria, de Daniel Asorey e Chegamos despois a una terra gris, de Raúl Dans.
Ler máis →
Publicado o 4 Febreiro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
A revista de cultura e ocio Paper Blog publicou unha anotación sobre o libro: Soños eléctricos, de Ramón Caride Ogando, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Blanco Amor de Novela, 1992.
Ler máis →
Publicado o 25 Setembro, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Singamia 1.1, de Ramón Caride, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.
Crítica de «Singamia 1.1» (Ramón Caride)
Xa os dous primeiros títulos da triloxía AKTUAL (Exogamia 0.3 e Endogamia 0.
Ler máis →
Publicado o 17 Setembro, 2019 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Infantil, Narrativa, Xuvenil
O xornal La Región publicou unha entrevista de Mónica Vázquez Lopo ao escritor Ramón Caride sobre os libros: Singamia 1.1 e Soños eléctricos, publicados por Xerais.
A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.
– Ramón Caride La Región 1.
– Ramón Caride La Región 2.
Ler máis →
Publicado o 3 Setembro, 2019 nas categorías Críticas, Infantil, Xuvenil
O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Isabel Mociño sobre o libro: Singamia 1.1, de Ramón Caride. O libro está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 16 Xullo, 2019 nas categorías Infantil, Publicacións, Xuvenil
Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.
Ler máis →
Publicado o 18 Xuño, 2019 nas categorías Feiras_do_libro, Presentacións, Sinatura
Do 16 ao 22 de xuño no Paseo Calzada de Cambados terá lugar a I Feira do Libro de Cambados na que Xerais ten os seguintes actos:
Venres 21 de xuño ás 19:15 horas:
Presentación de Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro. Acompañará ao autor Victor Caamaño.
Venres 21 de xuño ás 19:30 horas:
Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras na caseta da libraría Cartabón.
Ler máis →
Publicado o 2 Maio, 2019 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Singamia 1.1, de Ramón Caride. O libro está publicado por Xerais na colección: Fóra de Xogo.
A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 26 Abril, 2019 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas de La Voz de Galicia (12 abril 2019) unha anotación sobre o libro: Singamia 1.1, de Ramón Caride. O libro está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.
Singamia 1.
Ler máis →
Publicado o 23 Xaneiro, 2019 nas categorías Fóra de Xogo, Novidades
Singamia 1.1, de Ramón Caride, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais.
A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos». Así acontece hoxe coas máquinas: dos ascensores á intelixencia artificial, dos drons aos videoxogos, dos escáneres cerebrais ás cámaras ocultas.
Ler máis →
Publicado o 16 Xullo, 2018 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros
O programa Cada día un libro da TVG dedicoulle o seu espazo ao libro infantil Sara ten un segredo, de Ramón Caride, ilustrado por María Lires.
O programa pode verse nesta ligazón.
Ler máis →