Publicado o 6 Novembro, 2015 nas categorías Clásicos, Noticias
A Real Academia Galega publicou na súa web unha información sobre o libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar de Arousa, de Francisco Fernández Rei, publicado na colección clásicos de Xerais.
Ler máis →
Publicado o 7 Outubro, 2015 nas categorías Autores, Entrevistas, Infantil, Merlín, Premios
A Real Academia Galega publicou na súa web unha entrevista con Ledicia Costas sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil á súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta.
Ler máis →
Publicado o 10 Setembro, 2014 nas categorías Críticas, Crónica
A revista Cadernos de Lingua, da Real Academia Galega, publica unha recensión crítica de Francisco Fernández Rei sobre o libro O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura), de Xosé Henrique Costas.
A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 26 Novembro, 2013 nas categorías Artigos literarios, Autores, Infantil
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Faro de Vigo un artigo de opinión sobre o ingreso de Fina Casalderrey na Real Academia Galega.
Fina académica
O ingreso na Real Academia Galega de Fina Casalderrey supón un fito de ouro para a literatura infantil e xuvenil galega.
Ler máis →
Publicado o 22 Novembro, 2013 nas categorías Entrevistas, Noticias
A escritora Fina Casalderrey pronunciará hoxe en Pontevedra o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega. Con este motivo, La Voz de Galicia publica unha entrevista con ela. Tamén o Diario de Pontevedra publica unha interesante reportaxe de Belén López con distintas opinións sobre a obra e a figura da escritora. A reportaxe pode lerse ou descargarse neste enlace.
Ler máis →
Publicado o 22 Maio, 2013 nas categorías Crónica, Presentacións
O venres, 24 de maio, ás 20:00 horas, na sede da Real Academia Galega, rúa Tabernas, 11 da Coruña, terá lugar a presentación do libro Amada liberdade de Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
No acto participarán o Presidente da RAG Xesús Alonso Montero, Teresa Barro e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 11 Marzo, 2013 nas categorías Autores, Noticias
O escritor Xosé Fernández Ferreiro ingresou o pasado sábado na Real Academia Galega ocupado a cadeira que deixou vacante a morte de Francisco Fernández del Riego.
Ler máis →
Publicado o 14 Decembro, 2012 nas categorías Fóra_de_colección, Presentacións
O luns, 17 de decembro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega, Tabernas, 11. A Coruña, terá lugar a presentación do libro Abecedario das mantenzas de Fausto Galdo.
No acto participarán, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Cristino Álvarez, Faxildo Galdo e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 26 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Noticias
O Xornal de Galicia recolle hoxe a nova de que «a Corporación viguesa aprobou por unanimidade no pleno deste luns apoiar a candidatura de ingreso de María Xosé Queizán na Real Academia Galega (RAG), polo seu “activismo cultural” e o seu “valor humano e intelectual”.
Ler máis →
Publicado o 10 Xuño, 2010 nas categorías Homenaxes, Noticias
O vindeiro sábado, 12 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Cangas (Avda de Lugo s/nº) terá lugar a sesión extraordinaria pública da Real Academia Galega con motivo da recepción como académico de número de Bernardino Graña. O autor de Fins do mundo lerá o seu discurso de ingreso Contos populares e Rosalía, que será respondido en nome da Academia por Ramón Lorenzo Vázquez.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2010 nas categorías Autores, Xerais_nos_medios
Recomendamos vivamente a lectura da entrevista a Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, publicada no suplemento «Luces» de El País Galicia. O texto completo, preparado por Daniel Salgado, pode lerse só na versión impresa.
Ler máis →
Publicado o 25 Xaneiro, 2010 nas categorías Autores, Homenaxes, Narrativa, Noticias, Poesía, Universitaria
O equipo de profesionais de Xerais expresa os seus parabéns a X.L. Méndez Ferrín pola súa elección como presidente da Real Academia Galega. Con este motivo, Manuel Bragado, o director da editorial, publicou hoxe nas páxinas de Faro de Vigo un artigo salientando o decisivo desta elección para a cultura galega e para o futuro do noso país.
Ler máis →