Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: real_academia_galega

Manuel Rivas ingresa na Academia Galega

Brillantísimo foi o acto de ingreso de Manuel Rivas na Academia Galega celebrado onte sábado no salón de actos da reitoría da Universidade da Coruña.

Manuel Rivas entrevistado en «Galicia hoxe»

Lupe Gómez entrevista en Galicia hoxe a Manuel Rivas con motivo do seu ingreso mañá na Academia Galega e a recente publicación do libro Episodios galegos. Entre outras cuestións de grande interese, Rivas adianta o que será o contido do seu discurso de ingreso: «Con ese título de A boca da literatura, vou falar de “memoria, ecoloxía e lingua”.

Manuel Rivas, acto de ingreso mañá na Academia Galega

Mañá, sábado 12 de decembro, ás 12:00 horas, no Paraninfo da Universidade da Coruña (Mestranza, s/n) terá lugar o acto de ingreso como académico de número do escritor Manuel Rivas, quen dará lectura ao discurso de ingreso A boca da literatura (Memoria, ecoloxía e lingua), e a quen responderá en nome da Academia Xosé Luís Axeitos Agrelo.

«Historia social da Guerra da Independencia en Galicia»

Na vindeira semana chegará ás librarías Historia social da Guerra da Independencia en Galicia, o libro máis recente de Xosé Ramón Barreiro Fernández, actual presidente da Real Academia Galega. Os estudos sobre a Guerra da Independencia en Galicia están guiados por dúas liñas de investigación: a ideolóxica e a militar.

Manuel Rivas académico

Manuel Rivas académico

O equipo de profesionais de Xerais amosa a súa grande satisfacción polo nomeamento de Manuel Rivas como membro da Real Academia Galega.

Unha lingua para todos

No blog de lingua de Xerais coméntase o manifesto sobre o estado da lingua que onte fixo público a Real Academia Galega.