Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: rosa_aneiros

Rosa Aneiros presenta «Sol de Inverno» en Gondomar

Hoxe celébrase na Biblioteca Municipal de Gondomar a sesión de decembro do Club de Lectura Sete Vidas da asociación Espazo Lectura arredor de Sol de Inverno, a obra da escritora Rosa Aneiros gañadora da última edición do Premio Xerais de Novela. Pódese completar a información aquí.

«A fráxil existencia», mesa redonda do Club de Lectura Tendendo Redes de Gálix

Mañá xoves, 26 de novembro de 2009, nas instalacións do Consello da Cultura Galega de Santiago, entre ás 17:00 e as 19:00 horas terá lugar unha mesa redonda arredor da temática «A fráxil existencia». No acto, que forma parte das actividades do Club de Lectura Tendendo redes de Gálix e e será moderado por Ánxela Gracián, participarán Concha Blanco, Marcos Calveiro e Rosa Aneiros.

Rosa Aneiros entrevistada por «Xornal de Galicia»

Arturo Losada publica en Xornal de Galicia a entrevista que lle fixo a Rosa Aneiros con motivo da primeira presentación d’ Ás de bolboreta, a novela gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009.

«Ás de bolboreta»: narracións abertas

Dolores Martínez Torres publica en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Ás de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009.

«Ás de bolboreta», Premio Fundación Caixa Galicia, primeira presentación

O vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 19:30 horas, nas inatalacións da Biblioteca da Fundación Caixa Galicia (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16) de Santiago realizarase a primeira presentación da novela Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. No acto acompañarán á autora o editor Manuel Bragado e o director da Biblioteca Pedro Lucas.

«Sol de Inverno», presentación en Compostela

O vindeiro xoves, 12 de novembro, ás 20:00 horas, nas instalacións da Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Acompañarán á autora, a xornalista Helena Soto e o editor Manuel Bragado.

Rosa Aneiros en «Libro Aberto»

Esta noite, despois da película, no programa «Libro Aberto» da TVG Rosa Aneiros presentará Sol de Inverno. A entrevista coa autora do Premio Xerais realizouse no faro de Fisterra. Ademais, o programa noutra reportaxe repasará os trinta anos de historia de Xerais. O programa emítese, tamén, o mércores na G-2 (TDT) ás 20:00 horas.

Rosa Aneiros, entrevista no «Faro da Cultura»

Natalia Álvarez publica no suplemento «Faro da Cultura» de Faro de Vigo unha longa entrevista (dúas páxinas) con Rosa Aneiros con moitvo da publicación de Sol de inverno e Ás de bolboreta, as novelas gañadoras do Premio Xerais e Premio FundaciónCaixa Galicia. Aquí pode baixarse o pdf da entrevista.

«Ás de bolboreta» por Vicente Araguas

HISTORIA DUNHA CAFETARÍA Vello é o mundo, e vella é a invención da taberna (ben o dicía o clásico), antecedente de canto viría despois en materia hosteleira. E se de vello vén industria tan gustosa (para taberneiros e seareiros), antanón resulta tamén o recurso a facer virar ao redor dela a todo un mangado de elementos dispostos os seus criadores a tirar deles o maior proveito.

Dez motivos para ler «Sol de Inverno» por Agustín Agra

Estamos a falar do Premio Xerais de novela. Despois de 30 anos unha garantía máis que contrastada de calidade literaria. A traxectoria literaria da propia autora. A súa obra anterior é a súa mellor carta de presentación. Sol de Inverno non é unha obra alimenticia; é literatura feita dende as entrañas, con paixón e compromiso.

Rosa Aneiros entrevistada en «Galicia hoxe»

Con motivo da primeira presentación de Sol de Inverno, que terá lugar hoxe en Ferrol, o xornal Galicia hoxe entrevista a Rosa Aneiros. Rosa Aneiros (Valdoviño, 1976) tira “para casa”, como ela mesma confesa, e elixiu Ferrol para presentar (Galería Sargadelos ás oito da tarde) Sol de inverno, a novela coa que gañou a última edición do Premio Xerais.

«Sol de Inverno», presentación en Ferrol

O mércores, 28 de outubro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol realizarase a primeira presentación de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. No acto acompañarán á autora Sonia Díaz Pereiro e Manuel Bragado.