Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: santiago

«Reescrituras do conto popular (2000-2009)» preséntase mañá en Compostela

Mañá mércores 9 de setembro, ás 13:00 horas será presentado na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia de Santiago Reescrituras do conto popular (2000-2009), o volume que para este ano preparou LIJMI, a rede de investigación das Literanturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico.

«Reescrituras do conto popular»

Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI) reúnen neste volume un conxunto de estudos baixo o título Reescrituras do conto popular (2000-2009).

«Reescrituras do conto popular (2000-2009»

O vindeiro 8 de setembro, ás 13:00 horas será presentado na Biblioteca da Fundación Caixa Galicia de Santiago Reescrituras do conto popular (2000-2009), o volume que para este ano preparou LIJMI, a rede de investigación das Literanturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico.

Pere Tobaruela hoxe en LITVI

Pere Tobaruela, autor d’ A cripta do Apóstolo, participa hoxe nas actividades de LITVI, o importante encontro internacional de literatura de viaxes que se celebra ao longo desta semana en Compostela.

«Un fito histórico para a visibilidade da literatura galega no mundo»

A maior parte dos medios recolleron hoxe a noticia da presentación da Anthology of Galician Literature realizada onte en Compostela na que interviron os responsables de Xerais e Galaxia, coeditores da obra, e Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo, entidade que apoiou esta edición.

«Anthology of Galician Literature» presentación aos medios de comunicación

Coeditada por Xerais e Galaxia, co apoio da Consellaría de Cultura e Turismo, na primeira quincena de xuño, chegará ás librerías o volume Anthology of Galician Literature 1196-1981, preparada por Jonathan Dunne e que recolle en edición bilingüe obras que van dende o século XII ata o ano 1981, datas para nada casuais pois abarcan dende o primeiro documento en galego que se conserva ata o Estatuto de Autonomía.

Marilar Aleixandre, «Letra E» da AELG, entrevista en «Galicia hoxe»

Marilar Aleixandre é entrevistada por Galicia hoxe con motivo dos actos de homenaxe «A escritora na súa terra» do sábado, 5 de xuño, en Compostela, no que recibirá a «Letra E» da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Marilar Aleixandre: «A escritora na súa Terra», 5 de xuño en Compostela

O sábado 5 de xuño a Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra a XVI Edición “O/A Escritor/a na súa Terra”, recaendo este ano na figura de Marilar Aleixandre, que será homenaxeada en Santiago de Compostela. Os actos da homenaxe comezarán ás 11:45 horas coa plantación dun abruñeiro e a descuberta dun monolito preto da rúa Barcelona.

«En castellano no hay problema», ecos da presentación nacional nos medios

Vieiros, A Nosa Terra e GzNación fanse eco hoxe da presentación na Feira do Libro de Santiago de En castellano no hay problema, o libro de Carlos Callón publicado en Crónica. Grazas a todos eles.

«En castellano no hay problema» de Carlos Callón, presentación en Compostela

O vindeiro sábado, 8 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar na Feira do Libro de Compostela a presentación do libro de Carlos Callón En Castellano no hay problema. Noa cto acompañarán ao autor Caetano Díaz (director de Galicia hoxe), Pilar García Negro (profesora da UDC) e  o editor Manuel Bragado. Na promoción da presentación colaboran A Asociación Cultural O Galo e a Mesa Pola Normalización Lingüistica.

«Os Celtas» de Francisco Calo, presentación en Compostela

O venres, 7 de maio, a partir das 20:00 horas será presentado na Feira do Libro de Compostela o ensaio de Francisco Calo Lourido Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia. No acto acompañarán ao autor Xerardo Pereira-Menaut, Catedrático de Historia Antigua da USC e o editor Manuel Bragado.

«”Níxer”: crónicas para un país silenciado»

Acción Contra a Fame e Xerais publican Níxer, un libro solidario sobre o país africano Sobre os países dese Terceiro Mundo tan afastado para as nosas latitudes só se fala cando hai grandes traxedias que conmoven a Occidente coas imaxes dunha explosión de dor. Cando esa explosión se apaga, o silencio cóbreo todo e o sufrimento segue aí.