Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: santiago

«Settecento» de Marcos Calveiro, primeiro capítulo

Tras o éxito que obtivera con Festina lente, Marcos Calveiro volve con Settecento visitar a Compostela doutrora, desta volta da man do mesmísimo Antonio Vivaldi, unha novela que constitúe un intrigante e vertixinoso relato que o confirma como un dos novelistas primeiros do noso tempo.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Xerais preparou un importante programa de actividades para a Feira do Libro, que se celebrará no Paseo Central da Alameda de Santiago de Compostela, entre o 1 e o 9 do vindeiro mes de maio. Día 1 sábado 13:00 horas: Pregón a cargo de Marcos Calveiro. 19:30 horas: Ricardo Gurriarán asinará exemplares do seu último libro Inmunda escoria. 20:00 horas: Presentación da novela Settecento de Marcos Calveiro.

«Un misterio para Tintimán», nace un xove detective galego da man de Jaureguízar

A finais desta semana chegarán ás librarías os primeiros exemplares das dúas primeiras novelas coas que se dá a coñecer Tintimán, o xove detective galego creado por Jaureguízar: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña.

«Melancolía de sofá» de Luisa Castro, presentación hoxe en Compostela

Hoxe ás 20:00 horas presentarase na libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes) o libro de Luisa Castro, Melancolía de sofá. No acto acompañarán á autora o profesor Roberto Blanco Valdés e o editor Manuel Bragado.

«O único que queda é o amor» e «A noite do risón» incluídos na Lista de Honra do IBBY 2010

Forest Zhang, director de Administración do IBBY, comunicou a editorial a inclusión na Lista de Honra do IBBY 2010 d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz e d’ A noite d’ O Risón de Gonzalo Moure pola calidade da tradución realizada por Ignacio Chao. Ambos os dous títulos foron publicados a finais do ano 2007 na colección xuvenil ilustrada.

«Mal de escola» de Daniel Pennac, premio Spinoza de ensaio

Onte o xurado do Premio Spinoza de ensaio, formado por alumnado do Insituto Rosalía de Castro de Santiago, anuncio que Mal de escola de Daniel Pennac foi a obra gañadora da primeira edición deste premio. A obra, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto, foi editada por Xerais no pasado mes de outubro, sendo reeditada a comezos deste ano 2009. Recollemos o texto da noticia preparada por A.

«A fráxil existencia», mesa redonda do Club de Lectura Tendendo Redes de Gálix

Mañá xoves, 26 de novembro de 2009, nas instalacións do Consello da Cultura Galega de Santiago, entre ás 17:00 e as 19:00 horas terá lugar unha mesa redonda arredor da temática «A fráxil existencia». No acto, que forma parte das actividades do Club de Lectura Tendendo redes de Gálix e e será moderado por Ánxela Gracián, participarán Concha Blanco, Marcos Calveiro e Rosa Aneiros.

«Ás de bolboreta»: narracións abertas

Dolores Martínez Torres publica en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Ás de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009.

«Ás de bolboreta», Premio Fundación Caixa Galicia, primeira presentación

O vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 19:30 horas, nas inatalacións da Biblioteca da Fundación Caixa Galicia (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16) de Santiago realizarase a primeira presentación da novela Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. No acto acompañarán á autora o editor Manuel Bragado e o director da Biblioteca Pedro Lucas.

«Sete palabras» de Suso de Toro, tertulia de presentación en Santiago

O vindeiro martes, 17 de novembro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa nova 16) no seo dunha tertulia presentarse Sete palabras, a novela máis recente de Suso de Toro.

«Sol de Inverno», presentación en Compostela

O vindeiro xoves, 12 de novembro, ás 20:00 horas, nas instalacións da Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Acompañarán á autora, a xornalista Helena Soto e o editor Manuel Bragado.

«Pedras de Compostela», presentación en Santiago

O mércores, 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase Pedras de Compostela de Aldonza de Praterías. No acto participarán Mercedes Gualteria Pintos, Xosé María Díaz, Ramón Villares e Manuel Bragado.